Mausoleo de Halicarnaso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Mausoleo de Halicarnaso, pintado por Martin Heemskerck (1498-1574) baseándose en descricións.

O mausoleo de Halicarnaso foi unha tumba de mármore branca construída en 353 a.C., situado na Asia Menor, actual Turquía. Foi construída na honra do rei Mausolo (en grego Μαύσωλος Maúsōlos), rei de Caria.

Historia[editar | editar a fonte]

O proxecto da construción foi concibido pola raíña Artemisa, esposa e irmá do rei Mausolo de Caria. A construción puido comezar durante o reinado de Mausolo e puido acabar sobre o ano 350 a.C., tres anos despois da morte de Mausolo e un ano despois do falecemento de Artemisa. A construción foi encargada a dous arquitectos gregos, chamados Sátiros e Piteos, para construíren un soberbio monumento. Os arquitectos construíron unha estrutura rectangular de 30 por 40 m, e sobre ela unha pirámide con 24 banzos e 117 columnas xónicas. No último banzo había unha estatua dunha cuadriga (poxada por catro cabalos) coas esfinxes do rei e a raíña. Para completar esta marabilla, os mellores escultores gregos da época tallaron figuras e relevos na súa estrutura.

O nome á estrutura foi unha homenaxe a Mausolus, e hoxe aplícase o nome de mausoleo a sepulcros suntuosos.

Soportou as invasións e destrución da cidade por parte de Alexandre Magno, os bárbaros e os árabes, pero, finalmente, foi destruído por un terremoto no ano 1404. Durante o século XIV os Cabaleiros de San Xoán acabaron de esnaquizalo e utilizaron os restos para a construción do Castelo de San Pedro de Halicarnaso. Durante esta época, encontráronse unha serie de túneles, debaixo da construción, que levaban aos sarcófagos dos defuntos reis. A tumba foi saqueada por ladróns e por iso hoxe xa non queda case nada dela. Os seus restos están no Museo Británico, en Londres, e tamén en Bodrun, na Turquía.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mausoleo de Halicarnaso