Faro de Alexandría

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O faro de Alexandría

O Faro de Alexandría foi unha das sete marabillas do mundo antigo.

Construido en 279 a.C por Sostrato de Cnido por orde de Tolomeo I na illa de Pharos, enfrente de Alexandría, consistía nunha xigantesca torre sobre a que unha fogueira permanente marcaba a posición da cidade aos navegantes, dado que a costa nesa zona era demasiado chá e por aquel entón carecíase de calquera referencia para a navegación.

A súa altura alcanzaba 134 metros e para a sua construción utilizáronse grandes bloques de vidro, que foron empregados como cimentos para aumentar a resistencia contra a forza do mar. O resto do edificio era de forma octogonal sobre unha plataforma de base cadrada, e estaba composto de bloques de mármore unidos con chumbo fundido. Na parte mais alta, un grande espello metálico reflectía a luz do sol durante o día, e pola noite proxectaba a dunha grande fogueira até unha distancia de 50 km. Na parte superior do faro había unha estatua, e discútese se era de Zeus ou de Poseidón, e aínda tamén hai quen di que había as estatuas destes dous reis gregos.

Coa excepción das grandes pirámides de Giza, só o faro sobreviviu ao resto das Sete Marabillas do Mundo Antigo. Porén, foi severamente danado polos terremotos de 1303 e 1323, até o punto de que o viaxeiro árabe Ibn Battuta escribiu que lle foi imposíbel entrar nas ruinas. Os restos desapareceron en 1480 cando un sultán de Exipto, chamado Qaitbay, usou as ruinas para construir unha fortaleza na zona.

O faro de Alexandría, segundo Martin van Heemskerck.

Pharos deu orixe á palabra "faro" na maior parte das linguas romances: francés (phare), italiano (faro), portugués (farol) e castelán (faro).ar:فنار الإسكندرية arz:فنار اسكندريه ast:Faru d’Alexandría az:İsgəndəriyyə Mayakı be:Александрыйскі маяк bg:Александрийски фар bn:আলেকজান্দ্রিয়ার বাতিঘর bs:Svjetionik u Aleksandriji ca:Far d'Alexandria cs:Maják na ostrově Faru cv:Александри маякĕ cy:Pharos Alecsandria da:Fyrtårnet på Faros ved Alexandria de:Pharos von Alexandria dv:އެލެގްސެންޑްރިޔާގެ ލައިޓް ހައުސް el:Φάρος της Αλεξάνδρειας en:Lighthouse of Alexandria eo:Lumturo de Aleksandrio es:Faro de Alejandría et:Pharose tuletorn eu:Alexandriako Itsasargia fa:فانوس اسکندریه fi:Faroksen majakka fr:Phare d'Alexandrie he:המגדלור באלכסנדריה hi:ऐलेक्जेन्ड्रिया का दीपस्तंभ hr:Aleksandrijski svjetionik hu:Alexandriai világítótorony id:Mercusuar Iskandariyah is:Vitinn í Faros við Alexandríu it:Faro di Alessandria ja:アレクサンドリアの大灯台 ka:ალექსანდრიის შუქურა kk:Фарос маягi ko:알렉산드리아의 등대 la:Pharus Alexandriae lt:Aleksandrijos švyturys mk:Светилник во Александрија mn:Александрын гэрэлт цамхаг ms:Rumah Api Iskandariah nl:Pharos van Alexandrië no:Fyrtårnet på Faros ved Alexandria oc:Far d'Alexàndria pl:Latarnia morska na Faros pt:Farol de Alexandria qu:Aleksandriya pharu ro:Farul din Alexandria ru:Александрийский маяк sh:Svjetionik u Aleksandriji simple:Lighthouse of Alexandria sk:Alexandrijský maják sl:Faros (svetilnik) sr:Светионик у Александрији sv:Fyrtornet på Faros sw:Pharos ya Aleksandria th:ประภาคารฟาโรสแห่งอเล็กซานเดรีย tr:İskenderiye Feneri uk:Александрійський маяк vi:Hải đăng Alexandria zh:亚历山大灯塔

Ferramentas persoais