Palacio de Mukden
|
||
|
|
||
Galeria Chongzheng, o edificio principal do Palacio de Mukden |
||
| Inscrición: | 1987 (extensão em 2004) | |
| País: | China | |
| Localización: | Shenyang, China | |
| Rexión: | Non dispoñible | |
| Tipo: | Non dispoñible | |
| Criterios: | i, ii, iii, iv | |
| Descrición UNESCO: | fr en | |
O Palacio de Mukden (en Chinés simplificado: 盛京宫殿; em chinés tradicional: 盛京宮殿; en pinyin: Shěngjīng Gōngdiàn) ou Shenyang Gugong (en Chinés simplificado: 沈阳故宫; en chinés tradicional: 瀋陽故宮; en pinyin: Shěnyáng Gùgōng), tamén coñecido como Palacio Imperial de Shenyang. É o antigo Palacio Imperial da Dinastia Qing (1616-1910) de China. Atópase no centro da cidade de Shenyang, antiga Mukden, na rexión de Manchuria.
No ano 2004, o palacio foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, como extensión dos Palacios Imperiais das Dinastias Ming e Qing en Pequín e Shenyang.
Índice |
Historia [editar]
A construción do palacio iniciouse en 1625, durante o reinado do fundador da Dinastia Qing, Nurhaci. No ano 1631 fóronse construíndo outros edificios por orde do Emperador Huang-Taiji. Os tres primeiros emperadores Quing viviron alí entre 1625 e 1644.
O Palacio de Mukden foi proxectado para asemellarse ás tendas do pobo Manchu (大帐), á vez que o enlongamento tiña a ambición de copiar a Cidade Prohibida de Pequín. No palacio son evidentes algúns elementos dos estilos arquitectónicos propios das poboacións da Manchuria e do Tibet.
No ano 1644, cando a Dinastia Qing substituiu a Dinastia Ming en Pequín, o palacio perdeu o seu estatuto de residencia oficial, converténdose nun simple palacio rexional.
No ano 1780, o Emperador Qianlong mandou construir novos edificios, ampliando, así o palacio.
Museo [editar]
No ano 1955, o Palacio de Mukden foi convertido nun museo co nome de Museo Palacio de Shenyang.
Galería de Imaxes do Palácio de Mukden [editar]
-
博物院藏品
Peza en laca do período Qianlong (mediados do século XVIII)