Yin Xu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Yin Xu
Yinxu.jpg
Fotografía de Yin Xu, Henan, China
Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 2006 [1]
País: China
Localización: 36°7′36″N 114°18′50″E / 36.12667°N 114.31389°E / 36.12667; 114.31389
Rexión: Non dispoñible
Tipo: Non dispoñible
Criterios: (ii)(iii)(iv)(vi) UNIQ36fe9fadf16872c7-nowiki-00000004-QINU1UNIQ36fe9fadf16872c7-nowiki-00000005-QINU
Descrición UNESCO: fr en

Yin Xu é unha antiga capital da China. Localizada preto da cidade de Anyang, no norte da Provincia de Henan, Yin Xu foi a capital do estado durante a última parte da dinastía Shang. As ruínas testemuñan unha nova era na historia da China, cunha economía, sistema político e militar, tecnoloxía e cultura desenvolvidas, no que era unha sociedade de escravos típica. As inscricións en oráculos atopados no lugar representan a máis antiga escrita chinesa coñecida.

Yin Xu foi descuberta a comezos do século XX, efectuándose as primeiras escavacións en 1928. De 1926 a 1937 foron realizadas quince escavacións. Desde 1950, téñense feito múltiplos estudos do lugar. En 1961, Yin Xu foi proclamado lugar histórico protexido e en 2006 declarouse Patrimonio Mundial da UNESCO. [2]

Principais Atraccións[editar | editar a fonte]

Zona do Templo de adoración dos Antepasados do Palacio de Yin Xu[editar | editar a fonte]

Na Zona do Templo de Adoración dos Antepasados do Palacio de Yin Xu existen arredor de oitenta fundacións de construcións antigas. Foron desenterrados cerca de 160.000 fragmentos de cunchas de tartaruga e de óso con inscricións, así como un túmulo dun membro da familia real moi ben conservado (o Túmulo de Fu Hao). [2]

Túmulo de Fu Hao[editar | editar a fonte]

Túmulo de Fu Hao

O Túmulo de Fu Hao está localizado na Zona do Templo de Adoración dos Antepasados. Fu Hao era a muller do Rei Wuding da dinastía Shang, a cal tiña a patente de xeneral, de acordo con documentos antigos. Nas escavacións do túmulo atopáronse un total de 1.928 fragmentos, incluíndo cunchas de tartaruga e osos con inscricións, vasos de bronce, artigos de xade, óso, ferramentas de pedra, obxectos de marfil e cunchas, que se encontran depositadas no Museo de Henan, Zhengzhou, e na Estación Arqueolóxica de Anyang, do Instituto de Ciencias Sociais da China. Foron deixadas dentro do túmulo algunhas réplicas dos achados das escavacións. Foi unha importante descuberta para a arqueoloxía e historia chinesas. [2]

Zona do Palacio de Yin Xu[editar | editar a fonte]

Na Zona do Palacio de Yin Xu foron desenterrados trece templos reais e descubertos millares de altares e moitos vestixios de sacrificios humanos e animais, así como un gran número de inscricións en cunchas de tartaruga e óso, ademais de delicados vasos de bronce, ferramentas e utensilios. O vaso cadrado Si Muwu, cun peso de 875 quilos, é unha descuberta extremadamente rara. Todos os aparellos atopados neste lugar ilustran o estadio avanzado da civilización da dinastía Shang. A maior parte dos túmulos e altares foron enterrados de novo e só algunhas sepulturas, que se encontran cubertas, conserváronse de mostra e para estudo posterior. Estas escavacións exhiben unha carruaxe e cabalo, altares e os túmulos reais. As plantas e maquetas úsanse para mostrar a localización e o formato das sepulturas. [2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Datos tirados do website "whc.unesco.org"
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Datos tirados do website "CRI online"

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]