Avinguda Meridiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°24′49.6″N 2°11′12.84″E / 41.413778°N 2.1869000°E / 41.413778; 2.1869000

Vista da Avinguda Meridiana

A Avinguda Meridiana (en galego: Avenida Meridiana) é unha rúa de Barcelona. É unha das principais avenidas da cidade xuntamente coa avinguda Diagonal, tanto pola lonxitude, largura e cantidade de vehículos que pasan cada día por ela. A avenida cruza 4 dos 10 distritos barceloneses: o Eixample, Nou Barris, Sant Andreu e Sant Martí.

O seu trazado norte-sur xunto coa súa lonxitude (2º 10' 20") faino coincidir aproximadamente co meridiano de París (2° 20' 14,025") e máis precisamente co meridiano Barcelona-Dunkerque. Serviu en 1791 para que Pierre Méchain medira o cuarto de meridiano entre a montaña de Montjuïc e Dunkerque (Francia) para definir o metro como dezmillonésima parte do cuadrante dun meridiano terrestre.[1]

Antigamente chamouse Gran Via Meridiana pero o nome actual adoptouse o 1 de xaneiro de 1900.

Tamén é un importante eixe ferroviario porque baixo o seu chan circulan trens das liñas de Puigcerdà e Manresa e tamén a liña 1 do Metro.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]