Ursa Minor
| Ursa Minor | |
|---|---|
| Nome Latino | Ursa Minor |
| Abreviatura | UMi |
| Xenitivo | Ursae Minoris |
| Simboloxía | A Osa pequena |
| Ascensión Recta | 15 h |
| Declinación | 70'8° |
| Área | 256 graos cadrados
Rango 56 |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
2 |
| Estrela máis brillante | Polaris
(magnitude ap. 2,02) |
| Choiva de meteoros | |
| Constelacións
colindantes |
|
| Visible en latitudes entre +90° e −10°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xuño |
|
A Osa Menor (en latín Ursa Minor), tamén chamada Cinosura (significa, cola do cán), é unha das constelacións máis coñecidas del hemisferio norte. Consta de sete estrelas coa forma de carro; catro delas formarían o que sería a parte fonda do carro e as outras tres serían o que sería o mastro do carro.
O elemento máis coñecido da Osa Menor é a estrela Polar, a cal atopase situada na prolongación do eixe da terra, de modo que está fixa no ceo e sinala o Polo Norte xeográfico, polo ten sido empregada polos navegantes coma punto de referencia na súas viaxes. Á parte da estrela Polar, a Osa Menor carece de elementos de interese para o afeccionado á astronomía.
Dada a súa situación, a Osa Menor só pode verse no hemisferio norte, pero a cambio, nese hemisferio pódese ver todo o ano. Xunto coa súa compañeira a Osa Maior, é un dos elementos máis característicos do firmamento do hemisferio norte.
Índice |
[editar] Mitoloxía
Na mitoloxía grega, hai varias versións sobre a orixe da Osa Menor. Nunha delas sería Fénice, transformada en osa por Artemisa tras ser seducida por Zeus. Este relato é moi semellante ó de Calisto, que foi catasterizada na Osa Maior e é por esto algúns autores creen que orixinalmente debeu existir un relato con dous catasterismos dun mesmo personaxe (Zeus tería convertido a Calisto na Osa Maior e posteriormente Artemisa tería convertido a Calisto na Osa Menor).
Noutra versión dise que se trataba de Cinosura, ama de Zeus e ninfa do Monte Ida.
[editar] Estrelas principais
- α Ursae Minoris (Polaris, Estrela Polar ou Estrela do Norte), a estrela máis brillante da constelación, unha superxigante amarela e variable cefeida de magnitude 1,97.
- β Ursae Minoris (Kochab), de magnitude 2.07, unha estrela xigante laranxa que antigamente foi utilizada coma estrela polar.
- γ Ursae Minoris (Pherkad), de magnitude 3.00, estrela branca e variable do tipo Delta Scuti.
- δ Ursae Minoris (Yildun ou Pherkard), estrela branca da secuencia principal de magnitude 4,35.
- ε Ursae Minoris, binaria eclípsante e variable RS Canum Venaticorum de magnitude 4,21.
- ζ Ursae Minoris (Alifa al Farkadain), estrela branca de magnitude 4,32.
- η Ursae Minoris (Anwar al Farkadain), anana branco-amarela de magnitude 4,95.
- λ Ursae Minoris, xigante vermella de magnitude 6,38.
- RR Ursae Minoris, xigante vermella e variable semirregular; o seu brillo varía entre magnitude 4,53 e 4,73.
- Calvera, nome informal da que se pensa que pode se-la estrela de neutróns máis próxima á Terra.
[editar] Obxectos Notables do espazo profundo
- NGC 6217, galaxia espiral de brillo superficial 14 e tamaño aparente 3,6' x 3,6'.
- NGC 5832, galaxia espiral barrada máis cativa cá anterior.
- Galaxia Anana da Osa Menor, pertencente ó Grupo Local e localizada 4,5º ó sur de Pherkad (γ Ursae Minoris).
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Ursa Minor (en inglés)
- Star Tales – Ursa Minor (en inglés)
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |