Grupo Local
Denominase Grupo Local ó grupo de galaxias na que se atopa a nosa, a Vía Láctea.
Está dominado por dúas galaxias espirais xigantes, Andrómeda e a Vía Láctea. O resto de galaxias, unhas 30, son máis pequenas; moitas delas son galaxias satélite dunha das máis grandes.
As galaxias libres xiran en torno ó centro de masas do grupo, situado entre Andrómeda e a Vía Láctea. Ademais, o noso Grupo Local está contido dentro do supercúmulo de Virgo, o seu centro gravitatorio é denominado Gran Atractor, cara ó cal diríxese o Grupo Local.
Dentro do Grupo Local, coñécense tres sistemas dominados por galaxias masivas actuando coma centros de gravidade, e varias galaxias actuando coma satélites:
- Sistema de Andrómeda (M31): M32, M110, NGC 147, NGC 185, Andrómeda I, Andrómeda II, Andrómeda III, Andrómeda IV, Andrómeda V, Andrómeda VI e Andrómeda VII.
- Sistema da Vía Láctea: Anana de Saxitario, Gran Nube de Magallanes, Pequena Nube de Magallanes, Anana da Osa Menor, Anana de Draco, Anana de Carina, Anana de Sextans, Anana de Sculptor, Anana de Fornax, Leo I, Leo II e Anana de Tucana.
- Sistema do Triángulo (M33): a terceira maior galaxia e a única espiral no Grupo Local, pode ou non ser unha compañeira da Galáxia de Andrômeda, apenas ten unha galaxia satélite, a Anana de Pisces (LGS 3)
Índice |
[editar] O futuro do Grupo Local
Tense observado que Andrómeda e a nosa galaxia se aproximan rapidamente a unha velocidade duns 500.000 km/h, o que fai pensar que poida producirse unha colisión entre ambas dentro duns 3.000 a 5.000 millóns de anos, segundo a masa que teñan estas galaxias. De producirse, tal choque non debe entenderse coma o que ten lugar entre dous corpos sólidos, senón que as galaxias atravesaríanse a unha á outra. Coma resultado, unha parte do material de ambas dispersaríase e o resto formaría unha nova galaxia, probablemente elíptica. Se en vez dun choque deste tipo o que ten lugar é unha aproximación, ambas galaxias deformaríanse e unha parte do material de cada unha delas escaparía ou se misturaría, tanto máis, canto maior fose a aproximación, ata acabar tamén fundíndose os restos nunha galaxia elíptica, na que eventualmente acabarían as demais galaxias do grupo.
Polo que respecta ó futuro do Grupo Local, este podería quedar integrado no cúmulo de Virgo, aínda que recentes estudos amosan que a aceleración da velocidade de expansión do universo impedirá que esto aconteza. Este cúmulo está situado no centro dun supercúmulo moito maior, o Supercúmulo de Virgo. Así pois, noso grupo atopase no corazón do supercúmulo situado preto da rexión con maior influencia gravitatoria, á cal nos aproximamos.
[editar] Galaxias do Grupo Local
| Galaxia | Tipo | Magnitude absoluta |
Diámetro [anos luz] |
Velocidade radial [km/s] |
Distancia [anos luz] |
Localización |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Vía Láctea | SBbc I-II | -20,8 | 100.000 | |||
| Anana de Canis Major | Irr | 25.000 | 07h12,0m | -27*40' | Canis Major | |||
| Anana Elíptica de Saxitario | dSph(E7) | -14,0 | 10.000 | 78.000 | 18h55,0m | -30*30' | Saxitario | |
| Gran Nube de Magallanes | Irr III-IV | -18,1 | 30.000 | +119 | 179.000 | 05h19,7m | -68*57' | Dorado |
| Pequeña Nube de Magallanes | Irr IV-V | -16,2 | 16.000 | +34 | 210.000 | 00h51,7m | -73*14' | Tucana |
| Anana da Osa Menor | dSph | -8,9 | 2.000 | -47 | 215.000 | 15h08,8m | +67*12' | Osa Menor |
| Anana de Sculptor | dSph | -10,7 | 3.000 | +115 | 260.000 | 01h00,0m | -33*42' | Sculptor |
| Anana de Draco | dSph | -8,6 | 3.000 | -87 | 270.000 | 17h20,1m | +57*55' | Draco |
| Anana de Sextans | dSph | -10,0 | 4,000 | 280.000 | 10h13,2m | -01*37' | Sextans | |
| Anana de Carina | dSph | -9,92 | 2.000 | +13 | 330.000 | 06h14,6m | -50*58' | Carina |
| Anana de Fornax | dSph | -13,0 | 6.000 | -41 | 450.000 | 02h39,9m | -34*32' | Fornax |
| Leo II | dSph | -10,2 | 3.000 | +36 | 670.000 | 11h13,5m | +22*10' | Leo |
| Leo I | dE3 | -12,0 | 3.000 | +60 | 820.000 | 10h08,5m | +12*18' | Leo |
| Anana de Fénix | dIrr/dSph | -9,9 | 2.000 | 1.450.000 | 01h51,1m | -44*27' | Phoenix | |
| Galaxia de Barnard (NGC 6822) | Irr IV-V | -16,4 | 8.000 | +44 | 1.600.000 | 19h44,9m | -14*49' | Saxitario |
| Andrómeda II | dSph | -11,7 | 2.000 | 1.700.000 | 01h16,4m | +33*27' | Andrómeda | |
| NGC 185 | dSph/dE3 | -15,3 | 8.000 | +39 | 2.000.000 | 00h39,0m | +48*20' | Cassiopeia |
| Leo III (Leo A) | dIrr | -11,7 | 4.000 | -19 | 2.250.000 | 09h59,4m | +30*45' | Leo |
| Andrómeda VII | dSph | -12,0 | 2.000 | 2.250.000 | 23h27,8m | +50*35' | Andrómeda | |
| IC 1613 | Irr V | -14,9 | 10.000 | -152 | 2.300.000 | 01h05,1m | +02*08' | Cetus |
| NGC 147 | dSph/dE5 | -14,8 | 10.000 | +28 | 2.350.000 | 00h33,2m | +48*31' | Cassiopeia |
| Andrómeda III | dSph | -10,2 | 3.000 | 2.500.000 | 00h35,4m | +36*31' | Andrómeda | |
| Anana de Cetus | dSph | -10,1 | 3.000 | 2.550.000 | 00h26,1m | -11*02' | Cetus | |
| Andrómeda VI | dSph | -11,3 | 3.000 | 2.550.000 | 23h51,7m | +24*36' | Andrómeda | |
| Anana de Acuario | dIrr/dSph 2 | -23 | 2.600.000 | 20h46,8m | -12*51' | Acuario | ||
| M32 | dE2 | -16,4 | 8.000 | -28 | 2.600.000 | 00h42,7m | +40*52' | Andrómeda |
| Andrómeda I | dSph | -11,7 | 2.000 | 2,600,000 | 00h45,7m | +38*00' | Andrómeda | |
| Andrómeda V | dSph | -9,1 | 2.650.000 | 01h10,3m | +47*38' | Andrómeda | ||
| LGS 3 (Anana de Pisces) | dIrr/dSph | -9,7 | 2.000 | -149 | 2.650.000 | 01h03,8m | +21*53' | Pisces |
| Galaxia de Andrómeda (M31) | Sb I-II | -21,8 | 140.000 | -121 | 2.650.000 | 00h42,7m | +41*16' | Andrómeda |
| NGC 205 (M110) | dSph/dE5 | -16,3 | 15.000 | -60 | 2.650.000 | 00h41,3m | +41*41' | Andrómeda |
| IC 10 | dIrr | -17,6 | 8.000 | -146 | 2.700.000 | 00h20,4m | +59*18' | Cassiopeia |
| Galaxia del Triángulo (M33) | Sc II-III | -19,1 | 55.000 | -46 | 2.850.000 | 01h33,9m | +30*39' | Triangulum |
| Anana de Tucana | dSph | -9,6 | 2.000 | 2.850.000 | 22h41,7m | -64*25' | Tucana | |
| Wolf-Lundmark-Melotte | Irr IV-V | -14,0 | 10.000 | -61 | 3.000.000 | 00h02,0m | -15*28' | Cetus |
| Anana de Pegaso | dIrr/dSph | -12,7 | 2.000 | -20 | 3.100.000 | 23h28,6m | +14*45' | Pegaso |
| Anana Irregular de Saxitario | dIrr | -11,0 | 3.000 | +8 | 3.450.000 | 19h30,1m | -17*42' | Saxitario |
| Anana de Antlia | dSph | -10,7 | 3.000 | 4.000.000 | 10h04,1m | -27*20' | Antlia | |
| NGC 3109 | Irr IV-V | -15,8 | 25.000 | +194 | 4.100.000 | 10h03,1m | -26*09' | Hidra |
| UGC-A92 | dIrr | 3.000 | +66 | 4.200.000 | 04h27,4m | +63*30' | Camelopardalis | |
| UKS 2323-326 | dIrr | -13,1 | 3.000 | +74 | 4.300.000 | 23h26,5m | -32*23' | Sculptor |
| Sextans B | dIrr | -14,4 | 8.000 | +168 | 4.400.000 | 10h00,0m | +05*20' |Sextans |
| Sextans A | dIrr | -14,3 | 10.000 | +164 | 4.700.000 | 10h11,1m | -04*43' | Sextans |
| IC 5152 | dIrr | 8.000 | +80 | 5.200.000 | 22h06,1m | -51*17' | Indus | |
| GR 8 | dIrr | -12,5 | 2.000 | +183 | 5.200.000 | 12h58,7m | +14*13' | Virgo |
Nota: A localización amosase primeiro en ascensión recta, despois a declinación e logo citase a constelación
[editar] Outros Obxectos Notables
- Nube de Smith - Nube de Alta Velocidade, entre 32.000 e 49.000 anos luz de distancia da Terra,[1] e 8000 anos luz por riba do disco da Vía Láctea.[2]
- HVC 127-41-330 - Nube de Alta Velocidade, a 2.3 millións de anos luz da Terra.
[editar] Véxase tamén
- Agrupacións e Cúmulos de Galaxias
- Lista das Galaxias máis próximas
- Lista dos cúmulos de Galaxias
- Supercúmulo Local
- Galaxias satélite de Andromeda
- Galaxias satélite da Via Lactea
[editar] Citas
- ↑ Wakker, B. P. (2008). "Distances to Galactic High‐Velocity Clouds. I. Cohen Stream, Complex GCP, Cloud g1". The Astrophysical Journal 672: 298. DOI: 10.1086/523845.
- ↑ Massive Gas Cloud Speeding Toward Collision With Milky Way. Consultado o 2008-06-06.
[editar] Ligazóns externas
- The Local Group of Galaxies, SEDS Messier pages (en inglés)
- A Survey of the Resolved Stellar Content of Nearby Galaxies Currently Forming Stars, Lowell Observatory (en inglés)
- van den Bergh (2000). "Updated Information on the Local Group". The Publications of the Astronomical Society of the Pacific 112: 529–536. DOI: 10.1086/316548.