Avenoiteira cincenta
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Avenoiteira cincenta | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Caprimulgus europaeus L. | ||||||||||||
A avenoiteira cincenta ou denoiteira cincenta, Caprimulgus europaeus L., é unha especie de ave pertencente á familia dos caprimúlxidos (Caprimulgidae), que se distribúe polas zonas amornadas de bosque, matogueira e pasteiro de Europa e Asia. Non está ameazada a nivel global, e a súa poboación estímase entre 930.000 e 2.100.000 de exemplares.[1]
É unha ave de hábitos crepusculares e nocturnos, que se alimenta de insectos, especialmente de bolboretas nocturnas e outros insectos voadores grandes.
En Galicia, a onde chega a finais de abril e parte en setembro, non é escasa, aniñando desde o nivel do mar até os 2.000 metros de altitude.[2]
Índice |
Notas [editar]
- ↑ BirdLife International (2012). "Caprimulgus europaeus". IUCN Red List of Threatened Species. Version 2012.1. International Union for Conservation of Nature. Consultado o 16 de xullo de 2012.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos e Silvar, Carlos (1991): Guía de aves de Galicia. A Coruña: Bahía Edicións, p. 198.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos e Silvar, Carlos (1991): Guía de aves de Galicia. A Coruña: Bahía Edicións, p. 198. ISBN 84-87674-06-2.
- SGHN / CCG (1995): Atlas dos vertebrados de Galicia. II. Aves. Santiago: Consello da Cultura Galega. Ponencia de Patrimonio Natural / Sociedade Galega de Historia Natural, pp. 450-1. ISBN 84-87172-89-X.