Caprimulgus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Caprimulgus é un xénero de aves da orde dos caprimulxiformes e familia dos caprimúlxidos coñecidos comunmente como noiteboas ou avenoiteiras.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero fou descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[2][3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Caprimulgus deriva da falsa crenza de que chuchan o leite das cabras; o nome latino do xénero provén da combinación das palabras capra (cabra) e mulgere (muxir).[4]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Macrodipteryx Swainson, 1837
  • Macrodypteryx Bonaparte, 1849
  • Rossornis Mathews, 1918
  • Semeiophorus Gould, 1838
  • Semiophorus Agassiz, 1835

Especies[editar | editar a fonte]

Recentemente o Comité Internacional de Ornitoloxía incorporou neste xénero as dúas especies do antigo xénero Macrodipteryx.[5]

Caprimulgus asiaticus
Caprimulgus macrurus
Caprimulgus ruficollis
Caprimulgus vexillarius

Recoñécense no xénero as seguientes:[5]

Distribución e características[editar | editar a fonte]

As súas especies encóntranse distribuídas por Eurasia, África e Oceanía.[5] Son aves de hábitos nocturnos, de mediano tamaño, con ás longas e rematadas en punta, patas curtas e pico moi curto e ancho, que adoitan aniñar no chan. Son activas pola tarde e a noite. Aliméntanse de bolboretas nocturnas e outros insectos voadores grandes. A súa plumaxe está coloreada para camuflarse entre as plantas e ocultarse durante o día. Adoitan ter unha crista de plumas na caluga que poden despregar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zoonomen Nomenclatural data (2015) Alan P. Peterson. Caprimulgiformes. Consutado o 29 de decembro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Caprimulgus Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 1 de xaneiro de 2023.
  3. Caprimulgus Linnaeus, 1758 na BioLib. Consultada o 1 de xaneiro de 2023.
  4. Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 90.
  5. 5,0 5,1 5,2 Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2018). "Frogmouths, Oilbird, potoos, nightjars". World Bird List Versión 8.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 29 de decembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Caprimulgus na Enciclopedia Británica.