Erica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erica (Uces)
Uces na comarca do Ortegal, Galiza.
Uces na comarca do Ortegal, Galiza.
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Subfamilia: Ericoideae
Tribo: Ericeae
Xénero: ''Erica''
L.

Erica, coñecidas coma uces, urces ou carrouchas, é un xénero de fanerógamas que inclúe unhas 700 especies da familia Ericaceae. Son plantas resistentes á seca, á acidez edáfica e aos lumes.

Son moi comúns en Galicia e en xeral na Europa atlántica, formando parte da matogueira, mesturándose con toxos e outros matos, e formando as uceiras, unha das paisaxes e ecosistemas máis representativos da zona. Moitas especies son tamén endémicas de Suráfrica (breixos do Cabo). As restantes 70 especies son nativas doutras partes de África, das Illas Canarias, ou de Europa. Reciben moitos outros nomes comúns galegos coma: torgas, breixos, carrascos, carrascas, queirogas, etc. Moitos deles comúns a outras especies dos xéneros relacionados Calluna e Draboecia.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Crese que Erica deriva do grego ἐρείκειν ereikein: quebrar, en alusión ás súas ramas fráxiles.

Descrición[editar | editar a fonte]

A meirande parte das especies son arbustos de 0,2-1,5 m de altura, aínda que algunha especie é máis alta como a Erica arborea (uz branca) ou a Erica scoparia (uz das vasoiras), as dúas especies poden acadar máis 6-7 m de altura. Todas as especies son de folla perenne, con follas diminutas semellantes a agullas duns 2-15 mm de longura.

As flores tamén miúdas e de cores abrancazadas ou malvas, poden ser axiais, e ás veces en umbelas terminais ou en espigas. Hai flores dispostas cara arriba e outras viradas cara abaixo. Atópanse agrupadas de xeito masivo. Cultívanse tamén coma plantas de xardíns paisaxistas polo seu efecto floral.

O xénero estreitamente relacionado Calluna, cuxas especies son tamén chamadas uces, sóese confundir co Erica; diferéncise por teren as súas especies as follas máis pequenas, menos de 2-3 mm de longura, e presentar unha corola máis dividida en pétalos diferenciados. Ademais a marxe das follas é aserrada en Calluna, mentres que en Erica, de follas lineares, a marxe é enteira.

As plantas deste xénero serven de alimento para as larvas dalgunhas especies de Lepidoptera incluíndo a Lycophotia porphyrea.

Usos[editar | editar a fonte]

As uces ademais da súa función formadora de solos nos terreos áridos ou degradados nos que adoitan medrar, serven como alimento do gando e dos animais salvaxes, suxeitando o terreo tralos lumes, pola súa resistencia a el e a súa capacidade para regromar despois dos incendios forestais. Soen ser indicadaros de solos acedos con certa humidade.

Estas plantas presentan unha cepa grosa baixo o chan da que agroman as pólas. Estas cepas téñense empregaod en zonas rurais como combustíbel polo seu alto poder calorífico. Por seren os breixos de madeira moi dura e sen veas, úsanse tamén para a fabricación de gaitas, pipas de fumadores, cubertos e outros obxectos.

É común o uso dalgunhas especies e variedades en xardinaxe coma cobertoiras, xardíns de rocalla, de coníferas ananas e incluso en vasos. Salientan pola cor das súas folliñas, así como pola súa floración prolongada, que vai da cor branca á púrpura.

Especies[editar | editar a fonte]

Presenta unhas 700 especies, incluídas:

En Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia existen arredor de 12 especies do xénero Erica:

Outras[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]