Caprimulgiformes
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Caprimulgiformes | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Caprimulgus macrurus. |
|||||||||
| Clasificación científica | |||||||||
|
|||||||||
| Familias | |||||||||
Os Caprimulgiformes son unha orde de aves neognatas que abrangue os podargos, as avenoiteiras e outras especies afíns. Espállase por case todo o planeta, agás polas rexións de clima ártico e nas illas de Nova Zelandia. Coñécense 121 especies.[1]
Trátase de aves nocturnas con gran facilidade para camuflarse durante o día; mesmo velos nunha fotografía é ás veces complicado. A súa plumaxe é moi semellante na cor e no trazo ás follas secas ou á codia dunha árbore, fenómeno coñecido como cripse.
Crese que os membros desta orde están lonxanamente emparentados coas rapaces nocturnas (orde Strigiformes) e, algúns autores clasifícanos na devandita orde.[2]
[editar] Taxonomía
Os caprimulgiformes divídense en cinco familias:
- Steatornithidae - guácharo
- Podargidae - podargos
- Nyctibiidae - urutaúes
- Caprimulgidae - avenoiteiras
- Aegothelidae - egotelos (ás veces separados nunha orde de seu, Aegotheliformes)