Caprimulxiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caprimulxiformes
Caprimulgiformes
Caprimulgus macrurus.
Caprimulgus macrurus.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Caprimulgiformes
Ridgway, 1881
Familias

Os caprimulxiformes (Caprimulgiformes) son unha orde de aves neognatas que abrangue os podargos, as avenoiteiras e outras especies afíns. Espállase por case todo o planeta, agás polas rexións de clima ártico e nas illas de Nova Zelandia. Coñécense 121 especies.[1]

Trátase de aves nocturnas con gran facilidade para camuflarse durante o día; mesmo velos nunha fotografía é ás veces complicado. A súa plumaxe é moi semellante na cor e no trazo ás follas secas ou á codia dunha árbore, fenómeno coñecido como cripse.

Crese que os membros desta orde están lonxanamente emparentados coas rapaces nocturnas (orde Strigiformes) e, algúns autores clasifícanos na devandita orde.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Os caprimulgiformes divídense en cinco familias:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  2. Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes