Audioslave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Audioslave (Logo).png
Audioslave 2005.jpg
Audioslave actuando no Montreux Jazz Festival do 2005
Orixe California, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 2001 - 2007
Xénero(s) hard rock, rock alternativo, post-grunge
Membros Tom Morello
Tim Commerford
Brad Wilk
Chris Cornell
Web oficial http://www.audioslave.com

Audioslave foi un supergrupo de rock estadounidense formado no ano 2001 polo antigo líder de Soundgarden, Chris Cornell (voz), e os integrantes da entón inactiva Rage Against the Machine Tom Morello (guitarra), Tim Commerford (baixo) e Brad Wilk (batería). A banda editou tres álbums antes de separarse no ano 2007 ao marchar Cornell.

Biografía[editar | editar a fonte]

Formación da banda[editar | editar a fonte]

En outubro de 2000 Zack de la Rocha, a voz de Rage Against the Machine deixaba a banda, mentres os tres integrantes que quedaban comezaban a busca dun novo vocalista e o futuro de Rage Against the Machine era incerto. Nos Ánxeles, por medio do produtor Rick Rubin, os tres integrantes (Tom Morello, Tim Commerford e Brad Wilk recibiron ao vocalista Chris Cornell para un ensaio.

Cornell viña dunha longa e exitosa carreira con Soundgarden, que durou ata 1997, e xa lanzara un álbum en solitario, Euphoria Morning, en 1999. A repercusión dese disco, máis melódico e menos pesado, foi modesta, dividindo a moitos dos antigos fans de Soundgarden.

Primeiros problemas[editar | editar a fonte]

A "química" entre os ex-Rage Against the Machine e o ex-Soundgarden sorprendeu ata aos propios músicos, e en pouquísimo tempo unha banda nova estaba surxindo. Pero para que o proxecto fose adiante, os músicos tiveron que enfrontarse a varios inconvenientes:

  • Discográficas: existían contratos en vigor con dúas discográficas distintas e rivais. Por unha banda a Epic/Sony Music de Rage Against the Machine e pola outra a A&M/Interscope do grupo Universal, discográfica de Chris Cornell. Através dun acordo raro na industria fonográfica, conseguido despois dunha difícil negociación, permitíuselles aos músicos seguir adiante.
  • Cuestionamentos: o ruxe ruxe sobre a nova banda non tardou en xurdir na internet, o que dividíu tanto aos fans de Rage Against the Machine como aos de Soundgarden. Do lado de Rage Against the Machine, os fans lamentaban a perda de identidade do grupo, xa que Cornell representaba un camiño ben diferente da firmeza política e da influencia hip-hop de Zack de la Rocha. Do outro lado, xa moitos fans de Soundgarden repudiaban a Cornell xustamente por entrar nun grupo vulgarmente tachado de rap-metal. E mesmo entre aqueles que admiraban a Chris Cornell e que o acompañaran na súa carreira en solitario, cuestionábase a coherencia do músico, xa que a unión con Rage Against the Machine significava un camiño radicalmente oposto ao de Euphoria Morning. Pero, sen facder caso a ese tipo de manifestacións, o futuro Audioslave permaneceu unido e disposto a demostrarlle a todos o que aínda era posible facer e atingir novos horizontes co novo traballo.
  • Turbulencias: por pouco, Audioslave non acabou antes mesmo de comezar. Aparte de contar con dúas discográficas, a banda inicialmente contaba con dúas empresas distintas que levaban as súas carreiras, os "managers". Dun lado, a empresa que coida da de Chris Cornell e do outro a empresa que defendía os intereses de Rage Against the Machine. En marzo de 2002, a banda (que aínda non tiña nome) anunciou a participación na xira Ozzfest (o maior festival itinerante de rock da actualidade nos Estados Unidos, promovido por Ozzy Osbourne). Con todo concretado, datas e horarios dos concerto, Chris Cornell anuncia que está fóra, tanto da xira Ozzfest como da banda. Foi un novo choque para a base de fans da nova banda. Pero a Epic continuou anunciando que o disco sería lanzado e en pouco tempo Cornell estaba de volta para quedar. E a partir de entón, o grupo pasou a contar con só un manager, da empresa The Firm, dos Ánxeles.
  • Nomes: primeiro, o proxecto foi bautizado como Civilian (na época do Ozzfest, era así como era coñecido o grupo). Pero acontece que xa existía unha banda co nome Civilian, e foi preciso procurar outro nome. Chris Cornell suxeríu Audioslave e ningué na banda opúxose. Só que tamén existía un Audioslave. Desta vez, a banda resolveu chegar a un acordo coa banda homónima para continuar sendo Audioslave.
  • Demos: durante o proceso de transmisión dixital de demos gravadas nos Ánxeles a Chris Cornell en Seattle, as cancións caíron en mans erradas. Pouco tempo despois 13 temas de Audioslave circulaban libremente pola internet.

O disco de estrea[editar | editar a fonte]

O seu primeiro disco, Audioslave, chegou finalmente ás tendas en novembro de 2002 e tivo un éxito moderado (gañou o disco de ouro pola venda de 500.000 copias antes do final de 2002). A estrea de Audioslave en directo foi no programa Late Show de David Letterman o día 25 de novembro dese ano. Despois dalgúns concertos illados en decembro, a banda pasou boa parte de 2003 excursionando para divulgar o álbum.

Out of Exile[editar | editar a fonte]

En 2005 Audioslave lanza o segundo álbum, Out of Exile, en maio. O disco foi novamente producido por Rick Rubin. Out of Exile tivo unha grande repercusión nas listas, conquistando a cima da Billboard e en diversos países. Para o lanzamento, a banda viaxou a Cuba para facer unha inédita presentación na illa de Fidel Castro. O concerto foi gravado para lanzamento en DVD. Despois diso, a banda partíu para unha xira europea, onde a novidade foi a inclusión de clásicos de Soundgarden e Rage Against the Machine no setlist. Antes de excursionar polos Estados Unidos, a banda volveu ao estudio para traballar en novas cancións.

Revelations[editar | editar a fonte]

Sen apenas descansar dende o lanzamento de Out of Exile, a banda entrou no estudio para gravar o seu seguinte traballo, Revelations. O novo álbum foi editado o 5 de setembro de 2006 pero a banda non realizou xira de presentación. Chris Cornell comentou que prefería concentrarse no seu segundo disco en solitario e Tom Morello quería facer o mesmo coa súa estrea el só.

Recentemente, despois de moitos rumores, confirmouse que Rage Against the Machine reuniríase novamente para un concerto no festival de Coachella, no día 29 de abril de 2007. O 15 de febreiro Cornell anunciou oficialmente que deixaba Audioslave.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • "Cochise" (2002)
  • "Like a Stone" (2003)
  • "Show Me How to Live" (2003)
  • "I Am The Highway" (2004)
  • "What You Are" (2004)
  • "Be Yourself" (2005)
  • "Your Time Has Come" (2005)
  • "Doesn't Remind Me" (2005)
  • "Out of Exile" (2005)
  • "Original Fire" (2006)
  • "Revelations" (2006)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]