Tom Morello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tom Morello
Tom morello.jpg
Nome completo Thomas Baptiste Morello
Alias The Nightwatchman
Naceu 30 de maio de 1964 (50 anos)
Orixe Harlem, Nova York Flag of the United States.svg
Ocupación (s) músico compositor, activista
Xénero rock
Relacionado con Rage Against the Machine, Audioslave, Electric Sheep, Lock Up, Class of '99, The Nightwatchman, Street Sweeper Social Club
Tempo en activo 1980 - actualidade

Thomas Baptiste "Tom" Morello, nado en Harlem (Nova York) o 30 de maio de 1964, é un guitarrista estadounidense, coñecido polo seu traballo nas bandas Audioslave e Rage Against the Machine. Actúa tamén en solitario baixo o pseudónimo de The Nightwatchman e recentemente creou un novo proxecto chamado Street Sweeper Social Club. Tom é tamén o co-fundador (xunto con Serj Tankian) da organización activista política sen ánimo de lucro Axis of Justice. Destaca polo seu uso de efectos de guitarra, os seus innovadores solos de guitarra, o seu uso do tapping, e os seus pesados riffs. Foi elexido pola Rolling Stone como o 26 mellor guitarrista de todos os tempos[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa nai, Mary Morello, é fundadora de Parents For Rock And Rap, un grupo anticensura. Foi tamén mestra na Libertyville High School. O seu pai, Ngethe Njoroge, foi membro da guerrilla Mau Mau. O tío-avó de Morello, Jomo Kenyatta, foi o primeiro presidente electo de Quenia.

Morello medrou en Libertyville, Illinois. Alí ía á Libertyville High School, onde cantaba no coro e estaba no clube de debate e de teatro.

Ao redor de 1980, Morello comezou a estudiar guitarra en serio. Formou unha banda en 1980 chamada Electric Sheep, co futuro guitarrista de Tool Adam Jones tocando o baixo.

Nese tempo os gustos musicais de Morello dirixíanse cara o heavy metal, sobre todo cara KISS, Alice Cooper, Led Zeppelin e Black Sabbath. Posteriormente a súa música foi influenciada por bandas de punk rock como The Clash, Sex Pistols e Devo.

Morello graduouse en secundaria en 1982 e comezou a asistir á Universidade Harvard. Alí graduaríase en 1986 en ciencias políticas. Despois da gaduación trasladaríase aos Ánxeles e comezou a buscar xente para formar unha banda.

Lock Up[editar | editar a fonte]

En 1988 Morello uníuse a Lock Up, unha banda de glam rock que editou un álbum através da Geffen Records antes de separarse. Esta gravación chamouse Something Bitchin' This Way Comes e non tivo demasiado éxito.

Rage Against the Machine[editar | editar a fonte]

Morello visitou un club nos Ánxeles onde Zack de la Rocha estaba cantando. Despois de ver as letras de de la Rocha, Tom preguntoulle se quería líderar unha banda. Morello conseguíu a Brad Wilk, un batería que fora ás audicións de Lock Up, e de la Rocha presentou aos dous ao seu amigo Tim Commerford. Os catro formaron unha nova banda, Rage Against the Machine.

A banda tivo un grande éxito, especialmente en Norteamérica e Europa. O seu primeiro álbum, Rage Against the Machine, destaca polas innovadoras guitarras de Morello así como pola súa orixinalidade, ao ser un dos primeiros discos en combinar rock e hip-hop.

Catro anos máis tarde, en 1996, e despois de rumores de ruptura, a banda editou o seu segundo traballo, Evil Empire. O disco escapa das tradicionais guitarras de metal do álbum anterior; é máis experimental e amosa a habilidade de Morello para usar a súa guitarra de formas estrañas.

En 1999 a banda edita The Battle of Los Angeles, o seu traballo máis exitoso comercialmente. A finais do ano 2000 editan un novo traballo, titulado Renegades. Pouco despois do seu lanzamento de la Rocha deixa a banda, e os tres membros restantes deciden que queren seguir facendo música xuntos.

O 29 de abril do 2007, a banda reuníuse para o Coachella Music Festival. Nun principio só pensaban tocar nesa ocasión, pero a banda posteriormente tocou en varios eventos máis. En xaneiro do 2008 Rage reuníse novamente para xirar co Big Day Out Music Festival en Australia e Nova Celandia. Realizaron tamén tres concertos en Xapón no mes de febreiro, e entre os meses de maio e agosto realizarán 11 actuacións en Europa. Serán cabeza de cartel do Lollapalooza 2008 en Grant Park, Chicago xunto con Radiohead e Nine Inch Nails a principios do mes de agosto.

Audioslave[editar | editar a fonte]

Despois de que de la Rocha deixase Rage Against the Machine, os membros restantes comezaron a tocar co antigo vocalista de Soundgarden Chris Cornell por recomendación do produtor Rick Rubin. O novo grupo chamouse inicialmente The Civilian Project, pero cambiaron o seu nome a Audioslave antes de editar o seu primeiro álbum.

A banda editou o seu promeiro álbum, Audioslave, o 22 de novembro do 2002, sendo un éxito comercial e de crítica.

Audioslave editou o seu segundo álbum, Out of Exile, o 24 de maio do 2005, estreándose no número 1 das listas da Billboard. Ese mesmo ano editaron un un DVD documentando a súa viaxe a Cuba como primeira banda de rock que tocaba no país. O terceiro álbum, Revelations, lanzouse en outono do 2006. No mes de febreiro do 2007 a banda separábase como resultado da saída de Chris Cornell debido a conflictos persoais. Os restantes membros reuníronse con Zack de la Rocha para resucitar a Rage Against the Machine.

Street Sweeper Social Club[editar | editar a fonte]

Despois da separación de Audioslave no 2007 Morello reuniuse con Boots Riley de The Coup, e despois de pasarlle unha cinta con varios temas que compuxera formaron o duo Street Sweeper Social Club. Street Sweeper Social Club actuaron de teloneiros para Nine Inch Nails e Jane's Addiction en maio do ano 2009.

Notas[editar | editar a fonte]