Rage Against the Machine
| Rage Against the Machine | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Os Ánxeles, California, |
| Período | 1991 - 2000 2007 - actualidade |
| Xénero(s) | rap metal, funk metal, |
| Selo(s) discográfico(s) | Epic Records |
| Membros | Zack de la Rocha Tom Morello Tim Commerford Brad Wilk |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://www.ratm.com |
Rage Against the Machine (escrito moitas veces como RAtM) foi unha banda de rock formada nos Ánxeles no ano 1991 e estivo formada durante toda a súa traxectoria (separouse no 2000) por: Zack de la Rocha (voz), Tom Morello (guitarra), Tim Commerford (baixo) e Brad Wilk (batería). En abril de 2007, coincidindo coa disolución de Audioslave, anunciaron o seu regreso no festival de música de Coachella en California. A raíz disto, a banda continuou dando concertos en varios festivais, mesmo non se descarta a posibilidade de que tiren un novo disco.
Índice |
Características [editar]
O seu estilo característico é unha sólida fusión de hip hop, rap, funk, punk, hardcore, e hard rock. Os sons do guitarrista de Tom Morello recálcanse polas seu prominentes uso de pedais e efectos, e sobresaen as súas emulacións dos scratch e outros efectos dos djs de hip hop. O cantante, Zack da Rocha, participou en grupos de punk e hardcore metal antes de volverse un apaixonado das rimas do rap: de aí vén o seu estilo agresivo de rapear e os fortes berros que inclúe nalgunhas cancións. Apréciase tamén un pequeno toque de jazz por parte do baixista Tim Commerford, que pertenceu a un grupo dese estilo a mediados dos anos 1980; finalmente, a batería de Brad Wilk está cargada de ritmos funk especialmente contundentes. Este estilo de fusión foi máis tarde imitado por outras bandas, atribuíndoselle a etiqueta de Rapcore ou Rap metal.
Son tamén coñecidos polo contido sociopolítico das súas cancións. As súas letras son rotundas, cun claro posicionamiento en contra do capitalismo e a globalización, e as formas de pensamento, mentalidade e relación social que xeran. De tendencias políticas de esquerda,[1] R.A.T.M. destacou, ademais, polas súas múltiples iniciativas de protesta e solidariedade con distintos movementos de reivindicación sociais e musicais. O cantante Zack Da Rocha participou en movementos derivados do EZLN. Nos días posteriores aos atentados do 11 de setembro, as emisoras de radio estadounidenses censurarían ao grupo por alentar o antipatriotismo.
Discografía [editar]
- Rage Against the Machine - 1992 (Epic)
- Evil Empire - 1996 (Epic)
- The Battle of Los Angeles - 1999 (Epic)
- Renegades - 2000 (Epic)
- Live at the Grand Olympic Auditorium - 2003 (Epic)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||||||