Brad Wilk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brad Wilk
Brad Wilk en xullo do 2008 durante unha actuación de Rage Against the Machine
Data nacemento5 de setembro de 1968 (55 anos)
Nado enPortland, Oregón
Ocupaciónbatería, músico e cantautor
Instrumento(s)batería
Relacionado conRage Against the Machine, Audioslave, Puscifer, Greta
Tempo en activo1991 - actualidade
Na rede
IMDB: nm0929014 Instagram: bradwilk Musicbrainz: b48aebac-8c3e-48aa-b5e6-2b38f30f5f78 Songkick: 4813213 Discogs: 332379 Allmusic: mn0000613757 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Brad Wilk, nado en Portland (Oregón) o 5 de setembro de 1968, é un batería estadounidense, coñecido polo seu traballo coas bandas de rock Rage Against the Machine e Audioslave.

Biografía[editar | editar a fonte]

Wilk naceu o 5 de setembro de 1968 en Portland, Oregón nunha familia de oxixe aléma e polaca. O seu avó escapou de Alemaña durante o holocausto e emigrou aos Estados Unidos. Viviu en Chicago na súa infancia e despois a familia mudouse a California. Wilk comezou a tocar a batería cando tiña 13 anos e tivo o seu primeiro instrumento un ano despois, con 14.

Rage Against the Machine[editar | editar a fonte]

Wilk chegou a Rage Against the Machine procedente doutra banda. Fixo unha audición para un grupo chamado Lock Up, que editou un álbum, Something Bitchin' This Way Comes, a través da Geffen Records en 1989 e separouse cando comezou a recibir a atención dos medios. O guitarrista de Lock Up, Tom Morello, quería comezar unha nova banda e contactou con Wilk, que nese momento tocaba na banda Greta, para ver se estaba interesado en tocar a batería. Pouco tempo despois o dúo coñeceu ao rapeiro Zack de la Rocha e a través deste coñeceron ao baixista Tim Commerford (amigo da infancia seu) formándose así Rage Against the Machine. Despois de frecuentar o circuíto dos Ánxeles Rage Against the Machine asinou un contrato coa Epic Records en 1992. Ese mesmo ano a banda editou o seu primeiro álbum Rage Against the Machine. A banda conseguiu un grande éxito comercial e editou tres álbums máis.

Audioslave[editar | editar a fonte]

A finais do ano 2000 de la Rocha deixou o grupo. O 13 de setembro dese ano Rage Against the Machine realizou o seu derradeiro concerto no Grand Olympic Auditorium dos Ánxeles, California. Os membros restantes formaron Audioslave xunto co antigo líder de Soundgarden Chris Cornell. Audioslave desfaríase cando Cornell abandonou a banda en febreiro do 2007. A banda chegou a editar tres álbums de estudio: Audioslave (2002), Out of Exile (2005) e Revelations (2006).

Reunión de RAtM[editar | editar a fonte]

Os rumores sobre unha reunión de Rage Against the Machine escoitáronse por ver primeira o 22 de xaneiro do 2007, e o 29 de abril a banda tocou no Coachella Music Festival. Inicialmente só tiñan pensado realizar esa única actuación, pero finalmente non foi así. A banda realizou 7 concertos máis nos Estados Unidos ese ano, e no 2008 tocaron en Asia e en Europa. Durante o ano 2010 volverían a Europa e realizaron os seus tres últimos concertos ata o de agora no mes de outubro en Suramérica.