Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tim Commerford, tamén coñecido como Timmy C., Tim Bob, Simmering T, Y.tim.K, TIM.COM e tim.COM, naceu o 26 de febreiro de 1968 en Irvine, California. É baixista da banda de rock Rage Against the Machine e tamén tocou na recentemente desaparecida Audioslave.
É o máis novo de 5 irmáns. O seu pai foi enxeñeiro aeroespacial e traballou nos transbordadores espaciais da NASA, e a súa nai era matemática. Á súa nai diagnosticáronlle un cancro e pouco despois os pais divorciáronse. Tim quedou co seu pai, que volveu casar, mentres que a súa nai trasladouse a Sacramento, California coa súa irmá para recibir tratamento, ata que morreu da súa enfermidade cando Tim tiña 20 anos.
Commerford fíxose amigo de Zack de la Rocha no quinto grao, cando Tim ensinoulle a Zack como roubar comida da cafetería da escola. Zack introducíuno no baixo e Tim atopou unha saída na música e na poesía.
Commerford ten numerosas tatuaxes, incluíndo un deseño que lle cubre as súas costas, brazos, peito e a perna esquerda. O primeiro que se fixo foi unha sinxela banda negra ao redor do seu brazo para lembrar á súa nai.
|
|
|
|
|
|
| Álbums de estudio |
|
|
| Álbums de versións |
|
|
| Álbums en directo |
|
|
| Sinxelos |
|
|
|
|
|
|
|
|
| Álbums de estudio |
|
|
| Videos |
|
|
| Sinxelos |
|
|