Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christopher Cornell, nado o 20 de xullo de 1964, é un guitarrista, cantante e compositor coñecido sobre todo por ser o vocalista de bandas como Soundgarden e Audioslave. Foi tamén o líder de Temple of the Dog, dende 1990 ata 1992. Comezou a súa carreira musical como batería, antes de converterse en vocalista e guitarrista. Tamén é recoñecido o seu traballo en solitario, editando o seu primeiro álbum, Euphoria Morning, en 1999, e o segundo traballo en xuño do 2007, baixo o título Carry On.
Cornell naceu e vivíu a súa infancia en Seattle, Washington. Os seus pais, de relixión católica irlandesa, son Ed Boyle (farmacéutico) e Karen Cornell (contable). O apelido de Chris era Boyle, pero despois do divorcio dos seus pais, el e os seus irmáns adoptaron o apelido de solteira da súa nai. Chris sufríu dun caso severo de depresión durante a súa adolescencia, cando só en raras ocasións saía de casa. Chegou ao punto de non saír desta durante case un ano completo, no que se dedicou a tocar a batería e a guitarra.
Soundgarden [editar]
Xunto con Nirvana, Alice in Chains e Pearl Jam, Soundgarden converteuse nunha das maiores e máis exitosas bandas da emerxente escena grunge de Seattle. Cornell ficou coñecido pola potencia e rango da súa voz, e polas súas escuras letras a miúdo tratando temas de morte e existencialismo. Soundgarden alcanzou a popularidade en 1991 co seu álbum Badmotorfinger. Usando este éxito como trampolín seguíulle a edición do seu máis aclamado traballo, Superunknown, editado en 1994, con 7 millóns de copias vendidas en todo o mundo e co cal Soundgarden gañou dous premios Grammy. O seu derradeiro traballo, Down on the Upside, editouse no ano 1996, un ano antes da disolución da banda.
Carreira en solitario [editar]
En 1998 comezou a traballar nun álbum en solitario no que colaborou con Alain Johannes e Natasha Shneider da banda Eleven. O álbum, Euphoria Morning, editouse o 21 de setembro de 1999 pero non tivo éxito comercial a pesar de que o sinxelo "Can't Change Me" foi nominado a un premio Grammy. Cornell tamén contribuiu co tema "Sunshower" á banda sonora da película de 1998 Great Expectations, e unha versión de "Mission", chamada "Mission 2000", usouse na película do 2000 Mission: Impossible II.
Discografía [editar]
Soundgarden [editar]
Temple of the Dog [editar]
Audioslave [editar]
Soundtrack [editar]
|
|
|
|
|
|
| Álbums de estudio |
|
|
| EPs |
|
|
| Recompilatorios |
|
|
| Álbums ao vivo |
|
|
| Sinxelos |
|
|
|
|
|
|
|
|
| Álbums de estudio |
|
|
| Videos |
|
|
| Sinxelos |
|
|