Serj Tankian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serj Tankian
Serj Tankian.jpg
Nome completo Serj Adam Tankian
Naceu 21 de agosto de 1967 (46 anos)
Orixe Beirut Líbano Líbano
Instrumento(s) voz, guitarra, teclado
Relacionado con System of a Down

Serj Adam Tankian, nado en Beirut (Líbano) o 21 de agosto de 1967, é un cantante de rock de orixe armenio-estadounidense. Serj figura no posto 26 na lista dos "100 mellores vocalistas do Metal de tódolos tempos", segundo a revista estadounidense Hit Parader[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus avós eran armenios. A raíz do xenocidio armenio levado a cabo por Turquía en 1915 a súa avóa foi asasinada e o seu avó tivo que refuxiarse no Líbano. Os pais de Tankian eran artistas, el comezou a cantar co seu pai e o seu irmán Sevag. Dende neno o seu avó contáballe as inhumanidades que se cometeron no seu país e que terminaron coa vida de moitas persoas inocentes ademais dos seus parentes, quen nunca esquecerán o feito atroz que trocou para sempre as súas vidas. É por iso que Tankian dende sempre recalcou nese tema e loitou para que Turquía recoñeza e pida desculpas pola matanza.

Ós 8 anos Tankian viaxou coa súa familia a Estados Unidos debido a problemas no Líbano e á situación económica. Tankian comezou a estudar nunha escola pública armenia chamada Rose & Alex Pilibos Armenian School', nos Ánxeles. Foi alí onde coñeceu ó seu amigo Daron Malakian quen tampouco pasaba por un bo momento. Pasou o tempo e Tankian comezou a traballar nun lavado de automóbiles. Logo entrou á Universidade de Northridge (California) onde estudou comercio, artes visuais e música. Tankian toca teclados e ás veces guitarra. Tomou cursos de canto con Mark Goodman.

Co paso dos anos Tankian e Malakian atopáronse nunhas salas de ensaio onde se uniron e formaron un grupo musical chamado Soil. Logo reuníronse con outros dous músicos, chamados Shavo e John, con quen formaron o grupo System of a Down (debido a un poema feito por Malakian chamado Victims of a Down en honra ás vítimas do xenocidio armenio).

Serj pode ser considerado unha persoa de extrema capacidade mental e visual, sendo un activista/poeta/letrista/músico moi activo. Ademais do seu traballo en System of a Down, Tankian comezou tamén o seu propio selo discográfico en abril do 2001, chamado Serjical Strike, nun esforzo de ceibar outro tipo de música esquecida pola corrente dominante. A primeira actuación neste selo foi un proxecto de música experimental co seu amigo e músico Arto Tuncboyaciyan chamado Serart. Recentemente creou, xunto con Tom Morello de Audioslave, un programa de radio e unha organización activista independente, chamada Axis of Justice. Escribiu un libro de poesías chamado "Cool Gardens", que foi publicado por MTV Books.

En solitario[editar | editar a fonte]

Para o 23 de outubro de 2007 sacou o seu primeiro álbum en solitario, Elect the Dead, do cal xa se pode escoitar os seus singles, "The Unthinking Majority", "Empty Walls", e "Saving Us".

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • É vexetariano;
  • Ás veces toca a guitarra nos shows;
  • Toca o teclado;
  • Non gosta de divulgar a súa vida persoal, pois acha que unha vez público, perde a graza;
  • Entre os seus poetas favoritos están T.S. Eliot e William Shakespeare;

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]