Soutomaior
Coordenadas: 42°19′58.8″N 8°34′1.2″O / 42.333000, -8.567000
Soutomaior | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio[1] | soutomaiorense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca de Vigo |
Poboación | 7.603 hab. (2023)[2][3] |
Área | 25,0 km²[3] |
Densidade | 304,12 hab./km² |
Entidades de poboación | 2 parroquias[4] |
Capital do concello | Soutomaior |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | Manuel Lourenzo Sobral (BNG[6]) |
Concelleiros | BNG: 6 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en Soutomaior | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 41,61% |
Na rede | |
https://www.soutomaior.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o INE, no ano 2021 tiña 7.482 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «soutomaiorense».
Poboación[edit | edit source]
Censo Total (Habitantes) | 7.482 (2021) |
Menores de 15 anos | 1.180 (15,77 %) |
Entre 15 e 64 anos | 4.926 (65.84 %) |
Maiores de 64 anos | 1.376 (18.39 %) |
Xeografía[edit | edit source]
Soutomaior localízase entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. Este entra no concello encaixado até unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.
O clima é oceánico, húmido na costa e de montaña no interior. Chove bastante (1.500 mm.), se ben non venta demasiado, co que a temperatura media no verán non supera os 20 °C e a do inverno non baixa dos 10 °C.
Economía[edit | edit source]
Aínda que mantén un carácter rural, a proximidade de Vigo provoca que o sector primario roce só o 10 % da poboación activa e diminúa rapidamente. Do mar extráense ameixas, berberechos e ostras.
Tamén diminúe o sector secundario (35 % da poboación), que mostra dependencia de desprazamentos diarios a Pontevedra e Vigo. A metade da poboación dedicada ao sector terciario faino no comercio retallista, empresas de transportes e restaurantes.
Historia[edit | edit source]
A historia do territorio durante a Idade Media xira en volta do castelo de Soutomaior e da familia que o fundou, especialmente Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), que se enfrontou aos irmandiños e loitou na guerra dinástica que precedeu o reinado dos Reis Católicos.
Patrimonio[edit | edit source]
O castelo de Soutomaior, no monte Viso, foi construído no século XII e transformouse no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.
No monte da Peneda houbo un castro, do que se conservan restos de tres vivendas e a muralla. Na idade media construíuse alí a fortaleza de Castrizán, derrubada en 1478 durante a Gran Guerra Irmandiña. Posteriormente construíuse o santuario da Virxe das Neves, tamén chamada capela da Peneda. Nela celébranse dúas romarías anuais: o luns de pascua e o 5 de agosto.
En Aranza atópase o santuario da Virxe da Pena de Francia, construído en 1788.
A igrexa de Santiago de Arcade é románica e conserva unha interesante portada e capiteis. Na parroquia de Arcade hai 8 cruceiros (adro parroquial, O Calvario, rúa Leiras, rúa Valmonte, Negueirós, rúa do Calacual, capela da Peneda e Cimadevila) e 2 petos de ánimas (A Cacharela e A Devesa)[8].
Na parroquia de Soutomaior hai 6 cruceiros (adro, cemiterio, As Laxes, Moreira, santuario da Virxe da Pena de Francia e Cortellas), 7 cruces, un peto de ánimas e un esmoleiro.
Unha vez había dous bois que xa eran moi velliños e que traballaran xuntos toda a súa vida. O amo vendeunos para matar e tiveron que arredarse para sempre... E din que no intre da despedida díxolle un ó outro:
-Adeus, meu compañeiro, e deica a feira de Soutomaor.
(Na feira de Soutomaor había mercado de coiros)Castelao: "Manter un animal para comelo" (Cousas)
.
Galería de imaxes[edit | edit source]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Soutomaior.
-
Estatua dunha mariscadora, obra do artista local Carlos Tesouro, nos xardíns do Peirao de Arcade.
-
Galería das damas do Castelo.
-
Casa do concello.
Parroquias[edit | edit source]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Soutomaior | |
---|---|
Lugares de Soutomaior[edit | edit source]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Soutomaior vexa: Lugares de Soutomaior.
Notas[edit | edit source]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Soutomaior".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Fernández de la Cigoña Núñez, E.: Cruces, cruceiros e petos do concello de Soutomaior. AGCE, 2007
Véxase tamén[edit | edit source]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soutomaior |