Saltar ao contido

Manuel Lourenzo Sobral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Lourenzo Sobral
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Soutomaior, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Soutomaior
2023 –
← Agustín Reguera Ocampo
Deputado do Parlamento de Galicia
2020 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario, político, filólogo Editar o valor en Wikidata

Facebook: manuel.lourenzosobral Twitter: ManuLourenzo Instagram: manulourenzo Editar o valor en Wikidata

Manuel Antonio Lourenzo Sobral, nado en Soutomaior en 1979, é un político galego do Bloque Nacionalista Galego.

Papeleta do BNG para o Parlamento galego, eleccións xullo 2020.
Papeleta do BNG para as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de Ensino Secundario en Redondela. Concelleiro en Soutomaior polo BNG dende 2013. Encabezou a candidatura do BNG en dito concello nas eleccións municipais de 2015 e 2019, conseguindo unha mellora notable dos resultados da súa formación e quedando no 2019 a 43 papeletas de lograla vitoria sobre o PPdeG.

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi o número 4 da candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra[1] e foi elixido deputado. Volveu encabezar a candidatura do BNG en Soutomaior nas eleccións municipais de 2023 sendo a forza máis votada con 6 concelleiros[2], polo que foi elixido alcalde logrando o apoio da única concelleira do PSdeG, ca que formaría goberno.


Predecesor:
Agustín Reguera Ocampo
 
Alcalde de Soutomaior
 
2023 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]