Saltar ao contido

Presidencia da Xunta de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lista de Presidentes de Galicia»)
Presidencia da Xunta de Galicia

Titular
Alfonso Rueda
Dende o 12 de maio de 2022

TratamentoExcelentísimo señor
ResidenciaResidencia oficial de Monte Pío, Santiago de Compostela
SedePazo de Raxoi, Santiago de Compostela
ÁmbitoComunidade Autónoma de Galicia
Designado porParlamento de Galicia
DuraciónCatro anos, sen límite de mandatos
Creación22 de xaneiro de 1982
Primeiro titularXerardo Fernández Albor
Precedido porAlberto Núñez Feijóo
Salario72.679,92 €/ano
Sitio webwww.presidente.gal
Residencia oficial do presidente da Xunta de Galicia, no lugar de Casas Novas, en Compostela.

A presidencia da Xunta de Galicia osténtaa a persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial autonómico galego, e de representar Galicia no exterior. A súa elección correspóndelle aoParlamento de Galicia, que debe escoller a presidencia entre os seus deputados e deputadas conforme ao artigo 5.2 do Estatuto de Autonomía[1], escollidos estes á súa vez por sufraxio universal. O goberno de Galicia estabeleceuse o 16 de marzo de 1978 e ratificouse a través do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, aprobado o 28 de abril de 1981.[2] O mandato de goberno é de catro anos, que poden ser renovábeis.

Desde 2022, a presidencia da Xunta de Galicia recae no pontevedrés Alfonso Rueda Valenzuela.

Atribucións

[editar | editar a fonte]

As atribucións do presidente están presentes na Lei de Galicia 1/1983, de 22 de febreiro, de normas reguladoras de la Junta y de su presidencia (publicada no DOG, o 21 de marzo)​ baseándose no artigo 16.4​ do Estatuto de Autonomía de Galicia e son as seguintes:

  • Representa-la Comunidade Autónoma de Galicia nas relacións con outras institucións do Estado (artigo 10).
  • Subscribi-los convenios e acordos de cooperación con outras comunidades autónomas.
  • Convocar eleccións ao Parlamento de Galicia trala súa disolución.
  • Promulgar, no nome do Rei, as leis de Galicia, así como, no seu caso, os Decretos Lexislativos e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
  • Como representante ordinario do Estado en Galicia, correspóndelle ao Presidente da Xunta manter relacións coa Delegación do Goberno en Galicia aos efectos dunha mellor coordinación das actividades do Estado en Galicia e as da Comunidade Autónoma.
  • Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia do nomeamento do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e das leis e decretos lexislativos de Galicia no Boletín Oficial do Estado.
  • Dirixir e coordina-las actividades da Xunta e ocupar a representación do Estado en Galicia (artigo 19, do Estatuto de Autonomía).[1]

O presidente da Xunta, posúe tamén uns dereitos conferidos, sobre todo, no artigo 11 na mesma Lei de Galicia 1/1983,[3] entre os que están:

  • A preeminencia que lle corresponde, baseándose na alta representación da Comunidade Autónoma e a ordinaria do Estado en Galicia.
  • Que lle sexan rendidos os honores correspondentes baseándose no estabelecido na legalidade vixente e ao acordado na Comunidade Autónoma.
  • Recibir o tratamento de Excelencia.
  • Utilizar a bandeira de Galicia como pendón.
  • Ocupar a residencia oficial​ que se estabeleza, neste caso o pazo de Monte Pío, coa correspondente dotación de persoal e servizos.
  • Percibir a remuneración e gastos de representación que se estabelezan polo Parlamento de Galicia e figuren nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
  • Recibir con carácter vitalicio o tratamento de Excelentísimo Señor ou Señora e os honores protocolarios e as precedencias estabelecidas na lexislación vixente e na que, no seu caso, dite a Comunidade Autónoma.
  • Ser membro nato do Consello Consultivo de Galicia.

Estrutura interna

[editar | editar a fonte]
Alfonso RuedaAlberto Núñez FeijóoEmilio Pérez TouriñoManuel Fraga IribarneFernando González LaxeXerardo Fernández AlborXosé Quiroga SuárezAntonio Rosón PérezAlfonso Daniel Rodríguez Castelao

A presidencia da Xunta, ademais das competencias de representación e de liderado do poder executivo, presenta uns órganos dependentes. Baixo o goberno de Alfonso Rueda Valenzuela, trala súa elección en maio de 2022,[4] as competencias reservadas son:[5]

Ademais, como as demais consellerías, ten unha secretaría xeral de Presidencia, da que depende o director xeral do Gabinete de presidencia. Tamén depende da Presidencia o gabinete de asesoría xurídica xeral da Xunta.

A Directora da Axencia de Turismo María Nava foi cesada en xuño de 2023, por mor da súa presentación á alcaldía de Ponteareas.[6]

Lista de presidentes

[editar | editar a fonte]

Ata o de agora, houbo seis presidentes da Xunta autonómica e tres da preautonómica. O 15 de novembro de 2024, na conmemoración do 80º aniversario do Consello de Galiza, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi recoñecido como primeiro presidente da autonomía política do país no Parlamento de Galicia.[7][8]

Consello de Galiza

[editar | editar a fonte]
Imaxe Presidente Inicio do mandato Fin do mandato
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
(Rianxo, 1886 – Buenos Aires, 1950)
1944 1950

Preautonomía

[editar | editar a fonte]
Imaxe Presidente Inicio do mandato Fin do mandato Partido
Antonio Rosón Pérez
(Becerreá, 1911–1986)
13 de xullo de 1977 9 de xuño de 1979
1 ano, 10 meses e 27 días
UCD
Xosé Quiroga Suárez
(Petín, 1920–2006)
9 de xuño de 1979 22 de xaneiro de 1982
3 anos, 3 meses e 18 días

Autonomía

[editar | editar a fonte]
Imaxe Presidente Inicio do mandato Fin do mandato
Duración
Partido Lexislatura
(Eleccións)
1 Xerardo Fernández Albor
(Santiago de Compostela, 1917–2018)
22 de xaneiro de 1982 26 de setembro de 1987
5 anos, 8 meses e 4 días
Alianza Popular I
(1981)
II
(1985)
2 Fernando González Laxe
(A Coruña, 1952)
26 de setembro de 1987 5 de febreiro de 1990
2 anos, 4 meses e 9 días
PSdeG-PSOE[nota 1]
3 Manuel Fraga Iribarne
(Vilalba, 1922–2012)
5 de febreiro de 1990 2 de agosto de 2005
15 anos, 5 meses e 25 días
PPdeG III
(1989)
IV
(1993)
V
(1997)
VI
(2001)
4 Emilio Pérez Touriño
(A Coruña, 1948)
2 de agosto de 2005 16 de abril de 2009
3 anos, 8 meses e 14 días
PSdeG-PSOE[nota 2] VII
(2005)
5 Alberto Núñez Feijóo
(Ourense, 1961)
16 de abril de 2009 12 de maio de 2022
13 anos e 26 días
PPdeG VIII
(2009)
IX
(2012)
X
(2016)
XI
(2020)
6 Alfonso Rueda Valenzuela
(Pontevedra, 1968)
12 de maio de 2022
  1. Goberno de coalición con Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego
  2. Goberno de coalición co Bloque Nacionalista Galego
Referencias
  1. 1,0 1,1 "O presidente no Estatuto de Autonomía". xunta.gal. Consultado o 10-12-2018. 
  2. "Todos os presidentes da Xunta de Galicia". Consultado o 16 de xuño de 2023. 
  3. "Título II. Del Presidente de la Xunta". noticias.juridicas.com. Consultado o 10-12-2018. 
  4. "Alfonso Rueda, proclamado presidente da Xunta, sexto da historia autonómica - G24". 
  5. "Estrutura da Presidencia da Xunta". xunta.gal. Consultado o 16 de xulio de 2023. 
  6. 6,0 6,1 "A crise de goberno provocada por Feijoó na Xunta agranda con novas remudas derivadas das eleccións municipais". Praza Pública. 16 de xuño de 2023. 
  7. "Castelao, presidente". Praza Pública. 15 de novembro de 2024. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  8. "Castelao é nomeado como primeiro presidente de Galicia polo Parlamento". g24.gal. 15 de novembro de 2024. Consultado o 16 de novembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]