Pío Rodríguez Terrazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pío Rodríguez Terrazo
Pío Rodríguez Terrazo.jpg
Nacemento1800
Lugar de nacementoBerán
Falecemento26 de xaneiro de 1872
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxurista e político
editar datos en Wikidata ]

Pío Rodríguez-Terrazo Blanco, nado en 1800 en Berán (Leiro)[1] e finado en Santiago de Compostela o 26 de xaneiro de 1872[2], foi un xurista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Pedro Rodríguez-Terrazo e Ángela Blanco, estudou Leis na Universidade de Santiago de Compostela desde 1820. Tivo problemas en 1825 para matricularse polos seus antecedentes liberais, rematando a carreira en 1830.

Afincouse en Santiago de Compostela como avogado e despois como fiscal. Foi o primeiro alcalde de Santiago de Compostela (1834) e líder do progresismo en Compostela (1840-1847) formou parte de todas as xuntas revolucionarias dos pronunciamentos. Fundou o periódico La Situación de Galicia (1842-1843). Foi presidente da Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia durante o levantamento de 1846 e formou comisións encargadas de abordar plans para a administración de Galicia. Despois da derrota dos sublevados exiliouse a Portugal e regresou en 1847 para dedicarse aos negocios familiares e a avogacía. Os seus derradeiros anos foi Promotor Fiscal do Xulgado de 1ª instancia de Santiago.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casado dúas veces: a primeira, con Joaquina Rodríguez Feijóo, que era paisana súa, nada na mesma localidade leirensá; a segunda, desde 1869, con Ignacia Jauriguiberri Martiarena, quen empregou ocasionalmente o apelido Palacios (jauregiak en [lingua éuscara], tomando o primeiro lexema do primeiro apelido), como tamén facía o seu pai en lugar do seu apelido vasco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Padrón veciñal de Santiago. Ano de 1865. Parroquia de Santa Susana (Arquivo Histórico Universitario de Santiago-sg.AM 1029, p.61r). Nesta fonte dise que conta 65 anos, é natural de Berán e está viúvo. Tamén se indica que é Promotor Fiscal.
  2. El Diario de Santiago, 26-1-1875. Tódalas necrolóxicas de anos sucesivos informan que o ano da súa morte foi o de 1872; mais, na necrolóxica publicada en La Gacetilla de Santiago, en 25 de xaneiro de 1873, dise que foi en 1871.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Primeiro presidente
 Presidente da Xunta Superior de Goberno de Galicia 
1846
Sucesor:
Derradeiro presidente