Estatuto de autonomía de Galicia de 1981
- Véxase tamén: Estatuto de autonomía de Galicia de 1936.
O Estatuto de autonomía de Galicia (ou sinxelamente Estatuto de Galicia), é a norma institucional básica de Galicia. No marco da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia, recoñece a esta comunidade autónoma a súa condición de nacionalidade histórica. Di que os poderes nos que se basea son o propio Estatuto, a Constitución e o pobo galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre todos cantos integran o pobo galego.
Tivo o seu precedente no Estatuto de autonomía de Galicia de 1936, aprobado o 28 de xuño de 1936 por maioría en referendo, cando era xefe do goberno da Segunda República Española o galego Santiago Casares Quiroga.
No estatuto recóllese entre outras cousas:
- O recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia (e a cooficialidade co castelán)
- Os símbolos propios do país galego: bandeira, escudo,...
- A división e organización administrativa do territorio en provincias, comarcas e parroquias rurais
- O recoñecemento das comunidades galegas no estranxeiro
- Facenda e patrimonio propios
- Diversas competencias de acordo coa Constitución e as leis de solidariedade entre as comunidades que conforman España.
Logo de ser aprobado en referendo polo pobo galego o 21 de decembro de 1980, aínda que cunha moi baixa participación na votación, o 6 de abril de 1981, este estatuto foi asinado por O rei Xoán Carlos I de España, e polo presidente do goberno Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo, no Palacio Real de Madrid.
Historia[editar | editar a fonte]
A Asemblea de Parlamentarios galegos constituída o 25 de xullo de 1979, que de acordo co artigo 151 da Constitución Española de 1978, tiña as competencias para elaborar e aprobar o proxecto de autonomía, acordou nomear unha comisión composta por 16 representantes de partidos con e sen representación parlamentaria para elaborar un primeiro texto. 8 dos membros pertencían á UCD, 2 ao PSOE, 2 a AP, 1 ao PCG, 1 ao POG, 1 ao PG e 1 ao PTG. O texto que elaborou esa comisión coñeceuse como o Estatuto dos 16 e foi considerado por partidos nacionalistas e de esquerdas como pouco ambicioso e de segunda orde en relación a Cataluña e o País Vasco, polo que se convocou unha manifestación en Vigo para o 4 de decembro de 1979 que resultou multitudinaria, dando lugar a que Adolfo Suárez recoñecera que se errara na elaboración do estatuto galego.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Estatuto de autonomía de Galicia de 1981 |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Díaz, Ceferino (2007). A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9865-042-6.