María Xesús Lorenzana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Xesús Lorenzana
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

María Xesús Lorenzana Somoza, nada na Coruña en 1981, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito na Universidade da Coruña (2004) e ampliou os seus estudos en Dereito Autonómico no Instituto de Dereito Público de Barcelona. Aprobou as oposicións a letradas da Xunta en 2007. Ocupou diversos postos na Asesoría Xurídica da Xunta, entre eles, na asesoría xurídica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia. Desde novembro de 2011 até febreiro de 2013 foi a asesora xurídica da Presidencia da Xunta.

A partir de 2013 e durante sete anos, foi secretaria xeral técnica de diversas consellarías: Traballo e Benestar (2013), Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (2015), e Medio Rural (2018).

En setembro de 2020 foi nomeada conselleira de Emprego e Igualdade, unha consellería nova con competencias que até ese momento dependían de Economía.[1] En xuño de 2023 foi nomeada conselleira de Economía, Industria e Innovación e substituída por Elena Rivo López como conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.[2]

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]