Saltar ao contido

Xunta de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xunta»)
 Xunta de Galicia
Imaxe do escudo de armas
Logotipo
Imaxe
Pazo de Raxoi, sede da Xunta de Galicia
 Instancia de
 Nome orixinal
Xunta de Galicia Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Xunta de Galicia Editar o valor en Wikidata
 Cargo dirixente
 Campo de traballo
Implicados
 Presidente/a
Organizacións
 Órgano de prensa
Datas
 Fundación / creación
1981 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Área de operación
 Xurisdición
 Enderezo
Praza do Obradoiro, 15705 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF157837173 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000123254490 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06pk_c Editar o valor en Wikidata
OpenAlexP4310321796 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: xuntadegalicia Twitter: xuntadegalicia Youtube: UCD9wQPT5jGybrYPmD8sGuWw Enciclopedia Galega Universal: 206331 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Xunta de Galicia é o órgano colexiado de goberno de Galicia, tal e como aparece definido no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais os conselleiros. As vicepresidencias e os conselleiros noméanse desde a presidencia. Esta ten a sede no Pazo de Raxoi en Compostela.

Atribucións e funcionamento

[editar | editar a fonte]

A Xunta regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de Galicia. Tamén ten competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das comarcas e parroquias rurais como entidades propias de Galicia; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do Dereito Civil galego; normas procesuais e procedementos administrativos que se deriven do específico Dereito galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museos, conservatorios de música e servizos de Belas Artes; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confrarías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre a xestión e conservación protección dos ecosistemas.

A Xunta de Galicia ten a súa orixe na Xunta do Reino de Galicia, creada en 1528 e que perviviría, con algunhas interrupcións, ata 1833. Durante a Guerra da Independencia española, en 1808, crease a Xunta Suprema do Reino de Galicia para dirixir a loita contra Francia e manter a orde pública. A Xunta Suprema asumiu funcións militares, lexislativas e de relacións internacionais até a creación da Xunta Central Española.

En 1843 constituíuse a Xunta Central de Galicia, presidida por Xosé María Suances e oposta á rexencia de Baldomero Espartero. En 1846 produciuse o levantamento do comandante Miguel Solís en Lugo, que disolve o Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pío Rodríguez Terrazo e que remataría co fusilamento dos Mártires de Carral.

En 1944, por iniciativa do deputado por Pontevedra Rodríguez Castelao, fundouse en Montevideo o Consello de Galiza, coa intención de dotar á Galicia dun órgano político e goberno no exilio. Lexitimados polo Estatuto de autonomía de 1936, truncado pola Guerra civil española, mais que foi sometido a plebiscito antes desta. Galicia e os seus derradeiros representantes electos seguiron deste xeito o exemplo dos gobernos autónomos de Cataluña e o País Vasco, así como o do propio goberno da República española, exiliado desde a fin da contenda.

Coa fin da ditadura e a aprobación da Constitución española, Galicia foi recoñecida como nacionalidade histórica e grazas ao legado do Estatuto de 1936 foron aprobados o Real Decreto-Lei 7/1978 e o Real Decreto 474/1978 o 16 de marzo de 1978 que designaron á Xunta de Galicia como goberno galego [1].

Alfonso Rueda, presidente da Xunta desde 2022.
Logotipo da Xunta de Galicia.

Presidencia da Xunta de Galicia

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Presidencia da Xunta.

Presidentes da Xunta de Galicia:

Composición actual do Consello da Xunta

[editar | editar a fonte]
Categoría principal: Gobernos de Galicia
Conselleiros da Xunta de Galicia en setembro de 2018, antes das reestruturacións de Feijóo do 2020 e do novo goberno Alfonso Rueda do 2022.

En marzo de 2022, e tras gañar as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 con maioría absoluta por cuarta vez consecutiva, Alberto Núñez Feijóo anunciou a súa dimisión como presidente da Xunta de Galicia, malia ter máis de dous anos de lexislatura por diante, para asumir o liderado do Partido Popular. Alfonso Rueda Valenzuela, o que fora o seu vicepresidente desde 2009, sucedeuno como presidente da Xunta por designación do propio Núñez Feijóo.

Rueda lograría revalidar a maioría absoluta herdada polo seu predecesor nas eleccións de febreiro de 2024, conformando o seu novo goberno case dous meses despois.

Esta é a composición da Xunta e os seus titulares:[2]

Edificios Administrativos en San Caetano.[4].

Situación

[editar | editar a fonte]
Edificio Central da Xunta de Galicia en Pontevedra.
Delegación da Xunta de Galicia en Vigo.
  • Edificios Administrativos San Caetano
    San Caetano, s/n
    15704 - Santiago de Compostela
  • Pazo de Raxoi
    Praza do Obradoiro.
    15705 - Santiago de Compostela
  • Pazo de Monte Pío
    Rúa do Monte Pío, 44.
    15705 - Santiago de Compostela
  • Sede da Xunta de Galicia na Coruña
    Avda. Salvador de Madariaga, 9
    154781 - A Coruña
  • Sede da Xunta de Galicia en Ferrol
    Praza de España, 2
    15403 - Ferrol
  • Sede da Xunta de Galicia en Lugo
    Ronda da Muralla, 70
    27071 - Lugo
  • Sede da Xunta de Galicia en Ourense
    Avda. da Habana, 79
    32004 - Ourense
  • Sede da Xunta de Galicia en Pontevedra
    Avda. María Victoria Moreno,43
    36003 - Pontevedra
  • Sede da Xunta de Galicia en Vigo
    Rúa Concepción Arenal, 8
    36201 - Vigo
  1. Real Decreto-lei 7/1978, polo que se aproba o réxime preautonómico para Galicia (BOE nº 66, de 18.03.1978) [1] Arquivado 01 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. e Real Decreto 474/1978, polo que se desenvolve o Real Decreto-lei 7/1978 (BOE nº 66, de 18.03.1978) [2] Arquivado 01 de febreiro de 2012 en Wayback Machine..
  2. [3]
  3. "O presidente da Xunta nomea conselleira do Mar a Marta Villaverde Acuña". 2025-06-04. Consultado o 2025-06-04. 
  4. As obras na Xunta (agora) non fan ruído, Praza Pública, 24 de marzo de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]