Uusimaa
Uusimaa (fi) Nyland (sv) ![]() | |||||
Símbolo oficial | Ourizo cacho (animais) Merlo (aves) Lake Tuusula (en) ![]() Lucioperca (peixe) Anemone de bosque (planta) Hornblenda (rocha) ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Finlandia | ||||
Axencia Rexional | Axencia administrativa rexional de Finlandia meridional ![]() | ||||
Capital | Helsinqui ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.704.607 (2021) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9.568,85 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1994 ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | FI-18 ![]() | ||||
Código NUTS | FI1B ![]() | ||||
Sitio web | uudenmaanliitto.fi ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Uusimaa (en galego Nilandia; en sueco Nyland) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada no sur do país, na provincia histórica de Uusimaa, e na actual provincia de Finlandia Meridional. A súa capital e cidade máis poboada é Helsinqui, con 604.380 habitantes. Na rexión atópanse as dúas cidades máis grandes do país, a capital Helsinqui, e Espoo.
A rexión ten unha poboación de 1.550.362 habitantes e unha superficie de 9.567,71 km², o que a converte na rexión máis poboada e a 15ª máis grande. Uusimaa limita coas rexións de Tavastia Propia e Päijänne Tavastia ao norte, Kymenlaakso ao leste, e Finlandia Propia ao oeste, e co golfo de Finlandia ao sur.
Historia
[editar | editar a fonte]

Uusimaa foi, xunto co resto do sur e o oeste de Finlandia, parte do Reino de Suecia dende o século XII ou XIII.
A costa de Uusimaa foi anteriormente escasamente poboada, maioritariamente por xentes de Tavastia, mais foi dende o século XII cando comezou a ser poboada por colonos suecos, a meirande parte de Hälsingland, e as vilas sueco falantes chegou ata cerca das bocas dos ríos Vantaanjoki e Keravanjoki.
Os nomes Uusimaa e Nyland significan en galego "nova terra". O nome sueco Nyland aparece nos documentos dende o século XIV. O nome finés Uusimaa aparece por primeira vez en 1548 como Wsimaa en Se Wsi Testamenti no Novo Testamento en finés de Mikael Agricola.[1]
As provincias finlandesas foron cedidas ao Imperio Ruso na Guerra de Finlandia en 1809. Logo disto, Uusimaa converteuse na Provincia de Uusimaa/Nyland no antigo sistema lääni. Dende 1997 ata 2010, Uusimaa foi unha parte da Provincia de Finlandia Meridional. Foi dividida nas rexións de Uusimaa e Uusimaa Oriental. En 2011, as dúas rexións se fusionaron.
Linguas
[editar | editar a fonte]A rexión de Uusimaa é oficialmente unha rexión bilingüe na que o finés e o sueco teñen o mesmo status.
A rexión, especialmente as áreas costeiras, é tradicionalmente sueco falante, os dialectos rexionais tradicionais do sueco (nyländska) son actualmente máis falados en Uusimaa Oriental, mentres que no resto da rexión, a lingua sueca estandarizouse máis.
A poboación de fala finesa comezou a medrar cando a capital de Gran Ducado de Finlandia foi trasladdada de Turku a Helsinqui polo emperador Alexandre I de Rusia en 1812, e a rexión atraeu colonos doutras partes de Finlandia. O stadin slangi de Helsinqui (unha xerga local do finés) evolucionou inicialmente no século XIX.
Concellos
[editar | editar a fonte]
Subrexión de Helsinki:
Helsinqui (Helsingfors)
Vantaa (Vanda)
Espoo (Esbo)
Karkkila (Högfors)
Kauniainen (Grankulla)
Hyvinkää (Hyvinge)
Järvenpää (Träskända)
Kerava (Kervo)
Kirkkonummi (Kyrkslätt)
Lohja (Lojo)
Mäntsälä
Nurmijärvi
Pornainen (Borgnäs)
Sipoo (Sibbo)
Siuntio (Sjundeå)
Tuusula (Tusby)
Vihti (Vichtis)
Subrexión de Raseborg:
Subrexión de Porvoo:
Subrexión de Loviisa:
Lapinjärvi (Lappträsk)
Loviisa (Lovisa)
Antigos concellos
[editar | editar a fonte]
|
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nytt Land, Nylands historia Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine., por Uusimaa Regional Council]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uusimaa |