Paul Krugman
Paul Krugman | |
---|---|
![]() Paul Krugman na Biblioteca Nacional Alemá de Frankfurt | |
Nome completo | Paul Robin Krugman |
Nacemento | 28 de febreiro de 1953 |
Lugar de nacemento | Albany, Nova York |
Nacionalidade | ![]() |
Etnia | Pobo xudeu |
Alma máter | John F. Kennedy High School, Grace Hopper College, Yale e Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Ocupación | columnista, economista, ensaísta, blogueiro, profesor universitario, comentador, xornalista e escritor |
Cónxuxe | Robin Wells |
Premios | Adam Smith Award, Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais, Four Freedoms Award - Freedom of Speech, Medalha John Bates Clark, Premio Nobel de Economía, Prêmio H. C. Recktenwald de Economia, Premio James Joyce, Global Economy Prize, Gerald Loeb Award winners for Columns, Commentary, and Editorials, Fellow of the Econometric Society, AAAS Fellow, Honorary doctor of the Free University of Berlin, honorary doctor of the University of Lisbon, honorary doctorate from the NOVA University Lisbon, Honorary doctor of the University of Oxford e doutor honoris causa pola universidade de Toronto |
Na rede | |
http://web.mit.edu/krugman/www/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Paul Robin Krugman, nado o 28 de febreiro de 1953 en Albany, Nova York, é un economista, divulgador e xornalista norteamericano, próximo ás formulacións neokeynesianos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 2011 era profesor de Economía e Asuntos Internacionais na Universidade de Princeton. Dende 2000 escribe unha columna no periódico New York Times. En 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Economía.[1] Krugman é probabelmente máis coñecido polo público como forte crítico das políticas económicas e xenerais da administración de George W. Bush, que presentou na súa columna.
Escribiu máis de 200 artigos e 21 libros -algún deles académicos, e outros de divulgación-. Preocupouse por reformular modelos matemáticos para resolver o problema de onde ocorre a actividade económica e por que.
En 1991 a American Economic Association concedeulle a medalla John Bates Clark. Gañou o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais no ano 2004 e o Premio Nobel de Economía en 2008.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Krugman Wins Nobel Prize for Economics". The New York Times (en inglés). 13 de outubro de 2008. Consultado o 5 de marzo de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]