Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa das universidades da Ivy League
Bandeiras dos membros da Ivy League no Wien Stadium de Columbia
A Ivy League ("Liga da Hedra"), tamén coñecida como The Ancient Eight ("As Oito Antigas")[ 1] [ 2] [ 3] é unha conferencia deportiva universitaria estadounidense que comprente oito universidades privadas do nordés do país. A expresión Ivy League adoita empregarse tamén fóra do contexto deportivo para referirse ás oito universidades de elite con connotacións de excelencia académica , selección nas admisións e elitismo social.[ 4] [ 5] [ 6] [ 7] [ 8] Os seus membros por orde alfabética son Universidade Brown , Universidade Columbia , Universidade Cornell , Dartmouth College , Universidade Harvard , Universidade de Pensilvania , Universidade Princeton e Universidade Yale .
Aínda que a expresión xa se empregaba en 1933, só se fixo oficial despois da formación da NCAA Division I en 1954.[ 9] Todos os membros agás Cornell fundáronse durante a época colonial , polo que están incluídas sete das nove universidades fundadas antes da Revolución Americana . As outras dúas, a Universidade Rutgers e o College of William & Mary , son institucións públicas.
Os centros da Ivy League vense como algunhas das universidades máis prestixiosas do mundo.[ 10] Todas están entre as dezasete primeiras da clasificación da U.S. News & World Report de 2020, catro delas entre as cinco primeiras.[ 11] U.S. News nomeou algunha delas como a mellor universidade do país todos os anos dende 2001.[ 12] Na clasificación global de 2020 da U.S. News & World Report , tres delas estaban entre as dez mellores universidades do mundo (Harvard primeira, Columbia sétima e Princeton oitava).[ 13] [ 14]
Institución
Lugar
Alcume deportivo
Fundación
Afiliación na fundación
Universidade Brown
Providence , Rhode Island
Bears
1764 como College in the English Colony of Rhode Island and Providence Plantations
Baptista , a carta de fundación promete "tests non relixiosos" e "total liberdade de conciencia"[ 15]
Universidade Columbia
Nova York
Lions
1754 como King's College
Igrexa de Inglaterra
Universidade Cornell
Ithaca , Nova York
Big Red
1865
Non sectaria
Dartmouth College
Hanover , Nova Hampshire
Big Green
1769
Calvinista (Congregacionalista )
Universidade Harvard
Cambridge , Massachusetts
Crimson
1636 como New College
Non sectaria, fundada por calvinistas congregacionalistas
Universidade de Pensilvania
Filadelfia , Pensilvania
Quakers
1740 como escola de caridade sen nome[ 16]
Non sectaria, fundada por membros da Igrexa de Inglaterra e metodistas [ 17]
Universidade de Princeton
Princeton , Nova Jersey
Tigers
1746 como College of New Jersey
Non sectaria,[ 18] fundada por calvinistas presbiterianos [ 18]
Universidade Yale
New Haven , Connecticut
Bulldogs
1701 como Collegiate School
Calvinista (Congregacionalista)