Saltar ao contido

Chantal Akerman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChantal Akerman

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Chantal Anne Akerman Editar o valor en Wikidata
6 de xuño de 1950 Editar o valor en Wikidata
Etterbeek Editar o valor en Wikidata
Morte5 de outubro de 2015 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
20º distrito de París Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 49 48°51′46″N 2°23′36″L / 48.862703, 2.393278 Editar o valor en Wikidata
EducaciónINSAS (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas, arte e filme Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Bruxelas
Nova York
París Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirectora de cine, artista de videoinstalacións, director de fotografía, realizadora, cineasta, artista, escritora, intérprete, artista visual, actriz, fotógrafa, guionista, profesora universitaria, produtora, videoartista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata - 2015 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEuropean Graduate School
Universidade da Cidade de Nova York Editar o valor en Wikidata
RepresentanteMarian Goodman Gallery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
2007Festival de Cannes 2007
8 de xuño de 2002Documenta 11
20022002 Cannes Film Festival (en) Traducir
2000Festival de Cannes de 2000
1999Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1999
19861986 Cannes Film Festival (en) Traducir
19831983 Cannes Film Festival (en) Traducir
24 de xuño de 1977Documenta 6
19771977 Cannes Film Festival (en) Traducir
19751975 Cannes Film Festival (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeSonia Wieder-Atherton Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
13 de outubro de 2015funeral (Cemiterio do Père-Lachaise) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteV2 archive
Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) Traducir
The St. James women filmmakers encyclopedia Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001901 Allocine: 3826 Allmovie: p79189 TCM: 662957
BNE: XX1306981 Musicbrainz: a765fb94-353c-4417-ad6a-059bf0280d86 Discogs: 3077585 WikiTree: Akerman-420 Find a Grave: 153347440 Editar o valor en Wikidata

Chantal Akerman, nada en Bruxelas o 6 de xuño de 1950 e finada en París o 5 de outubro de 2015,[1] foi unha directora de cinema e artista belga, profesora de cinema na European Graduate School.[2] Os seus filmes están baseados en observacións sobre a vida cotiá, a necesidade de comer, a sexualidade, o illamento e a política de exclusión no século XX. Deuse a coñecer ao gran público co filme Jeanne Dielman, 23 quai du Commerce, 1080 Bruxelles (1975), onde exemplifica o seu modo de evadir a narrativa convencional mediante a elipse. Nos últimos anos destacou así mesmo na literatura.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Akerman naceu no seo dunha familia xudía practicante en Bruxelas. Os seus avós e a súa nai foron enviados a Auschwitz e só se salvou a súa nai. A ansiedade materna e o exilio foron temas recorrentes na súa filmografía.

Akerman sinalou que tras ver aos quince anos Pierrot le Fou (1965) de Jean-Luc Godard, decidiu rodar ela mesma. Aos dezaoito entrou no Institut National Supérieur des Arts du Spectacle et des Techniques de Diffusion, centro de ensino de cinematografía belga. Axiña o abandonou e realizou unha curtametraxe en 35 mm en branco e negro cos seus aforros, Saute ma ville (1968), que dura trece minutos e ten como protagonista unha moza (ela mesma como actriz) e a súa relación conflitiva coas cousas cotiás. En 1971, foi premiada no festival de Oberhausen.[3] Ese mesmo ano trasladouse a Nova York, onde estivo ata 1972. Alí viu cinema independente, especialmente de Stan Brakhage, Jonas Mekas, Andy Warhol e Michael Snow. Obras de 1972, como Hotel Monterey e curtametraxes como La Chambre 1 e La Chambre 2, revelan a súa nova aprendizaxe. Iniciou entón unha colaboración coa cineasta Babette Mangolte.

En 1973, Akerman regresou a Bélxica. En 1974, foi recoñecida pola crítica con Je tu il elle, filme experimental sobre a agresión. O seu manifesto é un clásico moderno. Jeanne Dielman, 23 quai du Commerce, 1080 Bruxelles (1975), eloxiado por The New York Times como "a primeira obra mestra do feminino na historia do cinema", trata dunha eficiente ama de casa que se ve obrigada a prostituírse para poder vivir co seu fillo. Axiña, en 1978, concluíu Les Rendez-vous d'Anna, un filme que destacou pola súa beleza e precisión.

En 1991, presentou a súa longametraxe Nuit et jour, onde inverte o dúo día e noite, é a historia dun trío amoroso, con dous mozos e unha moza, que viven nas súas relacións de paixón separadas en dúas metades do día, case sen durmir. O filme, como dixo Akerman, non ten nada que ver co modo de facer de Truffaut, mais hai unha homenaxe indirecta á materia de Jules et Jim e outro expreso cun libro que leva un protagonista cun relato de Truffaut. Ese mesmo ano foi membro do xurado do 41.º Festival de Cinema de Berlín.[4]

Akerman sempre rexeitou, a pesar do carácter escollido da súa obra, que o seu cinema se agoche en guetos. En 2011 presentou a súa versión da novela de Joseph Conrad, Almayer's Folly.

Akerman faleceu o 5 de outubro de 2015 en París; Le Monde informou de que se suicidou.[5] Tiña 65 anos.[6][7][8] O seu último filme foi o documental No Home Movie, unha serie de conversas coa súa nai pouco antes da morte desta. Do filme, Akerman dixo: "penso que se eu soubese que ía facer con isto, non me atrevería a facelo".[9] Segundo a irmá de Akerman, fora hospitalizada pouco antes por depresión e volvera a París dez días antes da súa morte.[6]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoTítuloLonxitudeNotas
1968Saute ma Ville13 minutos
1971L'enfant aimé ou Je joue à être une femme mariée35 minutos
1972La Chambre 111 minutosAkerman foi tamén montadora
1972La Chambre 211 minutosAkerman foi tamén montadora
1972Hotel Monterey62 minutos
1973Le 15/842 minutoscodirixido con Samy Szlingerbaum
Akerman tamén foi directora de fotografía e montadora
1973Hanging Out Yonkers90 minutosincompleto
1974Je Tu Il Elle90 minutos
1975Jeanne Dielman, 23 Quai du Commerce, 1080 Bruxelles201 minutos
1976News from Home85 minutos
1978Les Rendez-vous d'Anna127 minutos
1980Dis-moi127 minutos
1982Toute une nuit89 minutos
1983Les Années 8082 minutos
1983Un jour Pina à demandé57 minutos
1983L'homme à la valise60 minutos
1984J'ai faim, j'ai froid12 minutossegmento de Paris vu par, 20 ans après
1984New York, New York bis8 minutosperdido
1984Lettre d'un cinéaste8 minutos
1986Golden Eighties96 minutos
1986La paresse14 minutossegmento de Seven Women, Seven Sins
1986Le marteau4 minutos
1986Letters Home104 minutos
1986Mallet-Stevens7 minutos
1989Histoires d'Amérique92 minutosParticipou no 39.º Festival de Cinema de Berlín[10]
1989Les trois dernières sonates de Franz Schubert49 minutos
1989Trois strophes sur le nom de Sacher12 minutos
1991Nuit et jour90 minutosParticipou no 48.º Festival de Cinema de Venecia
1992Le déménagement42 minutos
1992Contre l'oubli110 minutosAkerman dirixiu un segmento curto
1993D'Est107 minutos
1993Portrait d'une jeune fille de la fin des années 60 à Bruxelles60 minutos
1996Un divan à New York108 minutos
1997Chantal Akerman par Chantal Akerman64 minutos
1999Sud71 minutos
2000La Captive118 minutosColaboración con Eric de Kuyper
2002De l'autre côté103 minutosAkerman foi tamén unha dos tres directores de fotografía
2004Demain on déménage110 minutosColaboración con Eric de Kuyper
2006Là-bas78 minutosAkerman foi tamén directora de fotografía con Robert Fenz
2007Tombée de nuit sur Shanghaï60 minutossegmento de O Estado do Mundo
2011La Folie Almayer127 minutos
2015No Home Movie115 minutosAkerman foi tamén directora de fotografía
  1. "Muere la cineasta belga Chantal Akerman a los 65 años". El País (en castelán). 6 de outubro de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2015.
  2. Chantal Akerman Faculty Page Arquivado 23 de outubro de 2015 en Wayback Machine. at European Graduate School
  3. Margulies, Ivone (1996). Nothing happens : Chantal Akerman's hyperrealist everyday. Durham: Duke University Press. p. 2. ISBN 978-0-8223-1723-4. OCLC 32699931.
  4. "Berlinale: 1991 Juries". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2005. Consultado o 21 de marzo de 2011.
  5. Isabelle Regnier (6 de outubro de 2015). "La cinéaste Chantal Akerman est morte". Le Monde. Consultado o 6 de outubro de 2015.
  6. 1 2 Donadio, Rachel; Buckley, Clara (6 de outubro de 2015). "Chantal Akerman, Pioneering Belgian Filmmaker, Dies at 65". The New York Times. Consultado o 6 de outubro de 2015.
  7. Gester, Julien (6 de outubro de 2015). "Mort de la cinéaste Chantal Akerman". Libération. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2015.
  8. Catherine Shoard (6 de outubro de 2015). "Chantal Akerman, pioneering Belgian film director and theorist, dies aged 65". The Guardian. Consultado o 6 de outubro de 2015.
  9. Rapold, Nicolas (5 de agosto de 2015). "Chantal Akerman Takes Emotional Path in Film About 'Maman'". The New York Times. Consultado o 24 de novembro de 2015.
  10. "Berlinale: 1989 Programme". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2012. Consultado o 11 de marzo de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]