Ralph Lauren
Ralph Lauren | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de outubro de 1939 |
Lugar de nacemento | Bronx |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade da Cidade de Nova York, DeWitt Clinton High School, Baruch College, Marsha Stern Talmudical Academy, Salanter Akiba Riverdale Academy e Zicklin School of Business |
Ocupación | deseñador de moda |
Cónxuxe | Ricky Lauren |
Fillos | Dylan Lauren e David Lauren |
Premios | Cabaleiro da Lexión de Honra, Coty Award e The James Smithson Bicentennial Medal |
Na rede | |
https://www.ralphlauren.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ralph Lauren, nado co nome de Ralph Lifshitz en Nova York o 14 de outubro de 1939, é un deseñador de moda estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Os seus pais son orixinarios de Rusia. Comezou a estudar economía no City College de Manhattan, pero deixouno pouco antes de graduarse. Traballou un tempo como vendedor de luvas e posteriormente para un fabricante de gravatas. Este traballo inspirouno a deseñar a súa propia liña de gravatas.
En 1967 abriu a súa primeira tenda de gravatas. En 1968 introduciu unha liña completa para cabaleiros, e en 1971 a liña para damas.
O deseñador é sobre todo coñecido pola súa marca "Polo by Ralph Lauren". A prestixiosa marca de roupa Ralph Lauren é universalmente comprada e manipulada, sendo considerada unha das mellores marcas do mercado. Tamén existe unha marca de perfumes do mesmo nome, que ó igual que a marca de roupa é moi usado, vendido e recoñencido como un dos máis finos e elegantes existentes no mercado. Tanto a vestimenta como os perfumes son recoñecibles polos típicos logotipos de Ralph Lauren: o xogador de Polo e a bandeira RL.