Colin Powell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Colin Powell
Colin Powell (15570753996) cropped.jpg
Nome completoColin Luther Powell
Nacemento5 de abril de 1937
 Nova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano e Jamaican American
RelixiónIgrexa episcopal nos Estados Unidos
Alma máterCity College of New York, Universidade George Washington e United States Army Command and General Staff College
Ocupaciónpolítico, diplomático e soldado
CónxuxeAlma Powell
Premioscomendador da Lexión de Honor, Estrela de Bronze, Knight Commander of the Order of the Bath, Lexionario da Lexión do Mérito, Medalha Spingarn, Purple Heart, Presidential Citizens Medal, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalla do Aire, Philadelphia Liberty Medal, Ronald Reagan Freedom Award, Library of Congress Living Legend, Orde da Estrela de Romanía, Gran cruz da Lexión de Honor, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Horatio Alger Award, Fulbright Prize, Benjamin Franklin Medal, Commander with Star of the Order of Merit of the Republic of Poland, Defense Distinguished Service Medal, Medalha de Serviço Distinto, Defense Superior Service Medal, lexión o medito, Soldier's Medal, Commendation Medal, National Defense Service Medal, Vietnam Service Medal, Vietnam Campaign Medal, Gallantry Cross, Ordem do Banho, Orde do Imperio Británico, Ordem da Jamaica, Order of Skanderbeg, Order of Stara Planina, Order of Merit of the Republic of Poland e Ordem do Mérito da República da Hungria
Colin Luther Powell Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Colin Luther Powell, nado en Harlem, Nova York, o 5 de abril de 1937,[1][2] é un político, diplomático e xeneral retirado que serviu como o 65.º Secretario de Estado dos Estados Unidos de América entre 2001 e 2005. Powell foi o primeiro Secretario de Estados afroamericano.[3] Antes da elección de Barack Obama como presidente en 2008, Powell e a súa sucesora, Condoleezza Rice, eran os afroamericanos de maior grao na historia do poder executivo federal, xa que o Secretario de Estado é o cuarto na liña de sucesión presidencial.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Powell naceu en Nova York en 1937 e criouse no South Bronx. Os seus pai, Luther e Maud Powell, inmigraron aos Estados Unidos desde Xamaica. Powell estudou en escolas públicas neoiorquinas e graduouse no City College of New York (CCNY), onde recicibu un grao en xeoloxía. Tamén participou nun ROTC no CCNY e recibiu unha comisión como subtenente do exército logo de graduarse en xuño de 1958. Powell foi soldado profesional durante 35 anos, durante os cales ocupou moitos cargos de mando e persoal e chegou ao rango de xeneral de catro estrelas. xeral. Foi Comandante do Comando das Forzas do Exército dos Estados Unidos en 1989.

O seu último cometido, de outubro de 1989 a setembro de 1993, foi o de actuar como 12.º presidente dos Joint Chiefs of Staff, o máis alto cargo militar do Departamento de Defensa. Durante este tempo, supervisou 28 crises, incluías a invasión de Panamá en 1989 e a Operación Tormenta do Deserto na guerra do Golfo contra Iraq en 1990-1991. Formulou a Doutrina Powell que limita a acción militar estadounidense a menos que cumpra os criterios relativos aos intereses de seguridade nacional dos Estados Unidos, a forza esmagadora e o amplo apoio público.[4] Posteriormente foi nomeado secretario de Estado ao servizo do presidente republicano George W. Bush. O seu mandato foi moi controvertido debido á súa imprecisa xustificación da guerra de Iraq en 2003. Foi cesado despois de que Bush fose reelixido en 2004.[5]

Trala súa retirada, Powell escribiu a súa autobiografía, My American Journey. Iniciou unha carreira como confereciante, dirixíndose ao público en todo o país e no estranxeiro. Antes do seu nomeamento como Secretario de Estado, foi o director de America's Promise – The Alliance for Youth, organización sen ánimo de lucro dedicada a mobilizar persoas de calquera sector da vida estadounidense para construír o carácter e a competencia da mocidade. Powell recibiu numerosas condecoracións. Entre os galardóns civís está a Medalla Presidencial da Liberdade (dúas veces), a Congressional Gold Medal, a Presidential Citizens Medal, a Secretary of State Distinguished Service Medal e a Secretary of Energy Distinguished Service Medal. En 2016, a pesar de non ser candidato á elección, Powell recibiu tres votos electorais para optar á presidencia dos Estados Unidos de América.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biographies of the Secretary of State:Colin Luther Powell". U.S. Department of State, Office of the Historian. Consultado o November 16, 2015. 
  2. Preferred pronunciation rhymes with "bowel", not "bowl" (as in Charles Powell, Baron Powell of Bayswater) – see Alexander Chancellor, "You Say Tomato", The New Yorker. 9 de agosto de 1993, p. 27.
  3. The first African American secretary of state, Colin Powell Arquivado 04 de xuño de 2008 en Wayback Machine., The African American Registry.
  4. LaFeber, 2009.
  5. Walter LaFeber says, "the president forced Powell to resign." LaFeber "The rise and fall of Colin Powell and the Powell Doctrine." Political Science Quarterly 124.1 (2009) p. 71.
  6. Richardson, Valerie (21 de decembro de 2016). "Colin Powell places third in presidential race at Electoral College". Washington Times. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]