Audre Lorde
Audre Lorde | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Audrey Geraldine Lorde |
Nacemento | 18 de febreiro de 1934 |
Lugar de nacemento | Nova York |
Falecemento | 17 de novembro de 1992 |
Lugar de falecemento | Santa Cruz, Illas Virxes |
Causa | Cancro de mama e cancro de fígado |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Afroamericano |
Alma máter | Universidade de Columbia, Hunter College, Hunter College High School, Universidade Nacional Autónoma de México e Columbia University School of Library Service |
Ocupación | bibliotecaria, poeta, novelista, escritora, activista polos dereitos das mulleres, ensaísta, profesora universitaria e mestra |
Coñecida por | Sister Outsider, The Cancer Journals, Zami: A New Spelling of My Name, Uses of the Erotic: The Erotic as Power e Cables to Rage |
Premios | Lambda Literary Award e American Book Awards |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Audre Geraldine Lorde, nada en Harlem, Nova York o 18 de febreiro de 1934 e finada en Saint Croix o 17 de novembro de 1992, foi unha escritora afroamericana, feminista, lesbiana e activista polos dereitos civís.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como poeta é especialmente coñecida polo seu dominio técnico e expresión emocional cos cales expresa ira e indignación polas inxustizas civís e sociais que observou ó longo da súa vida.[1] Os seus poemas e prosa trataron en gran medida temas relacionados cos dereitos civís, o feminismo e a exploración da identidade feminina negra.[2] A súa obra máis coñecida é Sister Outsider, un libro de ensaios que contén varios dos seus textos máis influentes das loitas contra o racismo, o machismo e a opresión heteronormativa como son "Non hai xerarquías na opresión" e "As ferramentas do amo non destruirán a casa do amo".[3] Tras pasar pola experiencia do cancro de mama e reflexionar sobre as discriminacións sufridas polas mulleres, que se superpoñen ás de raza e de orientación sexual e que se suman á enfermidade, publicou en 1981 The Cancer Journals un texto dirixido tanto a quen viviu ou vive a experiencia, como para quen acompañan a outras no proceso.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Audre Lorde".
- ↑ Sister Outsider: Essays and Speeches (en inglés). Crossing Press. ISBN 9781580911863.
- ↑ La hermana, la extranjera. Horas y Horas. ISBN 84-87715-93-1.