Fortaleza de Cira
| Fortaleza de Cira | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Cira | |||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
A Fortaleza de Cira[1] ou Torre de Cira é unha construción medieval situada na parroquia de Cira, no concello de Silleda.
Historia
[editar | editar a fonte]Bernardo Xoán de Deza fundou este castelo no século XII aproveitando unha elevación próxima á confluencia dos ríos Deza e Ulla, dando nome ao lugar onde se ergueu. Anos máis tarde, a raíña Dona Orraca fíxose coa súa tiularidade, tras asediala e apreixar dentro dela ao seu propietario, que lla entregou para ser libre. A partir de entón, a raíña empregou a fortaleza como base de operacións para loitar contra o arcebispo Xelmírez para a conquista das súas propiedades.
O único que queda a día de hoxe en pé é a torre da homenaxe da fortaleza que fora levantada polo Conde de Altamira e desfeita polos irmandiños no ano 1467 a consecuencia do seu levantamento popular.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑
- Fortaleza de Cira na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fortaleza de Cira |
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
