Cira, Silleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cira
A Torre de Cira
ConcelloSilleda[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°46′28″N 8°21′00″O / 42.77441462, -8.35002073Coordenadas: 42°46′28″N 8°21′00″O / 42.77441462, -8.35002073
Poboación217 hab. (2019)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Baia de Cira é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 241 habitantes (113 mulleres e 128 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 312 habitantes.

Historia e patrimonio[editar | editar a fonte]

Constituíu unha xurisdición na que se atopaban, ademais dela, as parroquias de Dornelas e Lamela, en Silleda, e as de Añobre, Bascuas e Gres en Vila de Cruces.

A veciña parroquia de Sucira (concello de Boqueixón) leva ese nome en relación a estoutra.

A Torre de Cira, restos do antigo castelo medieval fundado por Bernardo Suárez Deza no ano 1115, pasou a poder da raíña Dona Urraca e alí mantivo preso durante varios días ao arcebispo Diego Xelmírez no ano 1121. Destruído polos Irmandiños, reconstruíuno o conde de Altamira. Tan só queda en pé a torre da homenaxe datada no século XV. Tamén destaca o Pazo de Paizás e a igrexa parroquial.

Nesta parroquia formouse a Banda de música de Cira, en activo entre 1850 e 1971.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cira no concello de Silleda (Pontevedra)

Altamira | A Braña | O Candao | A Carballeira | A Cruz | Os Currás | O Curro | Fucarelos | A Lameira | Rendo | Santa Baia | Sobrado | Vilacalva | Vilar

Parroquias de Silleda[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]