Margaret Beckett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Margaret Beckett
Nacemento15 de xaneiro de 1943
Lugar de nacementoAshton-under-Lyne
NacionalidadeReino Unido
Alma máterUniversity of Manchester Institute of Science and Technology
Ocupaciónpolítica e química
PremiosDama comandante da Orde do Imperio británico e Dame Grand Cross of the Order of the British Empire
editar datos en Wikidata ]
Margaret Beckett

Margaret Mary Beckett, nada co nome de Margaret Mary Jackson en Ashton-under-Lyne o 15 de xaneiro de 1943, é unha política británica do Partido Laborista, sendo actualmente membro do Parlamento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre o 6 de maio de 2006 e o 28 de xuño do 2007, Beckett foi Secretaria do Estado de Relacións Exteriores e Asuntos da Comunidade de Nacións; sucedeuna no cargo David Miliband.[1][2] Foi a primeira muller que ocupou este cargo no Gabinete británico. Beckett foi tamén a segunda muller do Partido Laborista en asumir o liderado despois da morte súbita de John Smith en 1994 ano no que Tony Blair foi elixido o seu sucesor.

Dentro do gabinete de Tony Blair foi nomeada Ministra de Comercio, pasando máis tarde a de Medio Ambiente e actualmente ocupa o Ministerio de Asuntos Exteriores. Foi deputada polo Partido Laborista. É Química Metalúrxica de profesión.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]