Arciprestados de Galicia
Os arciprestados de Galicia son as agrupacións de parroquias eclesiásticas en que se subdividen as dioceses da Igrexa Católica con xurisdición en Galicia. Algúns dos topónimos fan referencia á comarca, a vila de cabeceira, ou a entidades étnicas prerromanas como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos.
Arquidiocese de Santiago de Compostela
[editar | editar a fonte]A arquidiocese de Santiago de Compostela ten 33 arciprestados[1][2] divididos en tres vigairías. Estas, á súa vez, subdivídense en zonas pastorais (13 en total). Esta organización abrangue un total de 1.071 parroquias.[2]
Vigairía de Santiago
[editar | editar a fonte]- Arciprestado de Amaía
- Arciprestado de Bama
- Arciprestado de Barbeiros
- Arciprestado da Barcala
- Arciprestado de Céltigos
- Arciprestado de Dubra
- Arciprestado de Duio
- Arciprestado de Entíns
- Arciprestado de Ferreiros
- Arciprestado de Iria Flavia
- Arciprestado de Nemancos
- Arciprestado de Ordes
- Arciprestado de Posmarcos de Abaixo
- Arciprestado de Posmarcos de Arriba
- Arciprestado de Sobrado
- Arciprestado de Soneira
- Arciprestado de Tabeirós
- Arciprestado de Ulla
- Arciprestado de Xiro da Cidade
- Arciprestado de Xiro da Rocha
Vigairía da Coruña
[editar | editar a fonte]- Arciprestado de Alvedro
- Arciprestado de Bergantiños
- Arciprestado de Bezoucos
- Arciprestado de Cerveiro
- Arciprestado de Pruzos
- Arciprestado de Xanrozo
Vigairía de Pontevedra
[editar | editar a fonte]- Arciprestado de Arousa
- Arciprestado do Lérez
- Arciprestado de Montes
- Arciprestado do Morrazo
- Arciprestado de Ribadumia
- Arciprestado do Salnés
- Arciprestado de Umia
En 2009 houbo unha reorganización dos arciprestados, pola que desapareceron algúns arciprestados históricos: Laracha (repartido entre Bergantiños e Riazor); Seaia (integrado en Bergantiños); Berreo de Abaixo e de Arriba (fusionados en Ordes);[3] Vea (integrado en Tabeirós); Benvexo (integrado en Ferreiros); Ponte Beluso (repartido entre Iria Flavia e Posmarcos de Abaixo); Abegondo (repartido entre Alvedro e Xanrozo); Moraña-Caldas e Moraña-Cuntis (fusionados en Umia); Cotobade (integrado en Montes); As Pontes (integrado en Lérez); Piloño e Ribadulla (fusionados en Ulla).[4]
Diocese de Tui-Vigo
[editar | editar a fonte]A diocese de Tui-Vigo ten catorce arciprestados dende a reestruturación de 2016.[5] Anteriormente chegou a ter 17 arciprestados, despois de que nunha ampliación levada a cabo en 2006, se creasen catro novos:
- Arciprestado da Guarda-Tebra
- Arciprestado de Louriña
- Arciprestado de Miñor
- Arciprestado de Montes-Mondariz
- Arciprestado de Redondela-Oitavén
- Arciprestado de San Martiño
- Arciprestado de Tea-Condado (fusión de Tea e Salvaterra)
- Arciprestado de Tui-Entenza (fusión de Tui e Entenza)
- Arciprestado de Vigo-Casabranca
- Arciprestado de Vigo-Centro
- Arciprestado de Vigo-Fragoso (fusión de Vigo-Polígono e Vigo-Travesas)
- Arciprestado de Vigo-Lavadores
- Arciprestado de Vigo-Santo André
- Arciprestado de Vigo-Teis
Diocese de Ourense
[editar | editar a fonte]A diocese de Ourense ten 12 arciprestados, logo da reestruturación levada a cabo en 2013 polo bispo Leonardo Lemos Montanet[6]:
- Arciprestado de Allariz
- Arciprestado da Baixa Limia
- Arciprestado do Carballiño
- Arciprestado de Celanova
- Arciprestado da Limia
- Arciprestado dos Milagres
- Arciprestado de Ourense-Leste
- Arciprestado de Ourense-Norte
- Arciprestado de Ourense-Oeste
- Arciprestado de Ourense-Sur
- Arciprestado de Ribadavia
- Arciprestado de Verín
Diocese de Astorga
[editar | editar a fonte]Da diocese de Astorga hai dous arciprestados en territorio galego:
Diocese de Lugo
[editar | editar a fonte]A diocese de Lugo ten 14 arciprestados, logo da reestruturación do ano 2010[7]:
- Arciprestado de Abeancos
- Arciprestado de Becerreá
- Arciprestado de Camba-Ventosa
- Arciprestado de Chantada
- Arciprestado de Cotos de Lugo (dereita)
- Arciprestado de Cotos de Lugo (esquerda)
- Arciprestado de Deza-Trasdeza
- Arciprestado de Ferreira de Pantón
- Arciprestado da Fonsagrada
- Arciprestado de Monforte de Lemos
- Arciprestado de Lugo
- Arciprestado de Quiroga
- Arciprestado de Sarria-Samos
- Arciprestado da Ulloa
Diocese de Oviedo
[editar | editar a fonte]A arquidiocese de Oviedo ten un arciprestado en territorio galego:
Diocese de Mondoñedo-Ferrol
[editar | editar a fonte]En setembro de 2023 houbo unha reestruturación de arciprestados e o seu número reduciuse de 7 a 4[8]:
Até entón a diocese de Mondoñedo-Ferrol tiña 7 arciprestados:
- Arciprestado de Ferrol
- Arciprestado de Mondoñedo
- Arciprestado de Ortegal-As Pontes
- Arciprestado de Ribadeo-Miranda
- Arciprestado da Terra Chá
- Arciprestado de Viveiro
- Arciprestado de Xuvia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Monseñor Barrio tiene que suprimir diez arciprestazgos por la escasez de sacerdotes y la sangría de vocaciones". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 "Organización territorial". Arquidiocese Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2019. Consultado o 4 de xullo de 2019.
- ↑ El arciprestazgo de Bergantiños se hace cargo de las parroquias de los de A Laracha y Seaia
- ↑ Parroquias de Ares, Lubre, Cervás e Limodre
- ↑ La Diócesis de Tui-Vigo unifica arciprestazgos para "facilitar" la labor pastoral
- ↑ Diocese de Ourense (ed.). "Diocese de Ourense - Arciprestados e parroquias". Consultado o 15 de xaneiro de 2016.
- ↑ Diocese de Lugo (ed.). "Obispado de Lugo - Parroquias" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2018. Consultado o 14 de maio de 2018.
- ↑ Redacción (2023-09-01). "Decreto sobre a reorganización dos arciprestados". Diócesis de Mondoñedo - Ferrol. Consultado o 2023-09-17.