Folgoso, Cerdedo-Cotobade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Folgoso
Igrexa de Santa María de Folgoso, Cerdedo.JPG
Igrexa de Santa María de Folgoso.
ConcelloCerdedo-Cotobade
Poboación145 hab. (2012)
Entidades de poboación7

Santa María de Folgoso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 145 habitantes (77 mulleres e 68 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 194 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Hai dous grandes penedos na beira do río Lérez que rodaron dende o alto e que teñen inscricións rupestres. Hai un castro de tempos protohistóricos no lugar de Vilariño.

A igrexa de Santa María de Folgoso levántase sobre un primitivo templo románico fundado por Carboeiro. Tamén hai dous cruceiros, un no campo das procesións, tallado polo mestre José Benito de Castro, e outro situado na banda esquerda da estrada xeral de Pontevedra a Ourense coa imaxe de Santo Antón.

O portón da casa dos Taboada ten unha figura de Santa Bárbara e dous Gardas civís, obra dos Ramos, de Pontevedra.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Folgoso[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Folgoso no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Cachofés | O Casal | Covas | Outeiro | Quinta | Vilariño

Parroquias de Cerdedo-Cotobade[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]