Saltar ao contido

Premios do Cinema Europeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Premios do Cinema Europeo
Logo
Tipoyearly prize e grupo de premios
Data de fundación1988
Na rede
http://www.europeanfilmawards.eu/
IMDB: ev0000230 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Os Premios do Cinema Europeo foron establecidos en 1988 pola Academia do Cinema Europeo para recoñecer os méritos cinematográficos europeos. Os premios outórganse en dez categoría, sendo a máis importante a de mellor filme. Os premios están restrinxidos ao cinema de Europa e aos produtores, directores e actores europeos.

Os premios recibiron ata 1997 o nome de premios Félix en referencia á antiga estatua do galardón, logo substituída por unha estatua feminina.

A sede de entrega altérnase entre Berlín e outras cidades europeas.

Procedemento do premio

[editar | editar a fonte]

Os filmes que participan deben ser longametraxes de ficción estreadas publicamente e mostradas (en festivais ou cines convencionais) despois do 1 de xullo do ano anterior. Baseándose nunha selección de aproximadamente corenta filmes recomendados para as candidaturas, os membros da Academia do Cinema Europeo vota os nomeamentos nas categorías principais,[1] que se anuncian a principios de novembro no Festival de Cinema Europeo de Sevilla. A partir das candidaturas, os membros da Academia votan os gañadores en cada categoría, que se entregan nunha cerimonia a principios de decembro.

Elixibilidade

[editar | editar a fonte]

Os criterios para que un filme cualifique como europeo baséanse na convención europea sobre coprodución cinematográfica, apéndice II, establecido polo Consello de Europa. Esta definición pode estenderse a obras e nacionalidades israelís e palestinas.

Unha obra cinematográfica considérase europea se acada polo menos 15 puntos:

Elementos europeos Peso dos puntos
Grupo creativo
Director 3
Guionista 3
Compositor 1
Grupo de interpretación
Primeiro papel 3
Segundo papel 2
Terceiro papel 1
Grupo técnico
Cámara 1
Gravador de son 1
Montador 1
Director artístico 1
Estudio ou lugar de gravación 1
Lugar de posprodución 1

Gañadores do "Big Five"

[editar | editar a fonte]

A seguinte é unha listaxe dos filmes gañadores do "Big Five" (filme, director, guión, actor e actriz). Só un filme gañou estes cinco premios.

Ano Filme Director Guionista Actor Actriz País
2016 Toni Erdmann Maren Ade Maren Ade Peter Simonischek Sandra Hüller  Alemaña

Múltiples vitorias

[editar | editar a fonte]

Filmes que gañaron tres premios ou máis.