Saltar ao contido

Sociedade Numismática Alemá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Sociedade Numismática Alemá
Imaxe
 Instancia de
 Campo de traballo
Implicados
 Fundador/a
Organizacións
 Forma xurídica
 Órgano de prensa
Economía e industria
 Industria
Datas
 Fundación / creación
1951 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de operación
 País
Identificadores
VIAF136448946 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000092988108 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

A Sociedade Numismática Alemá (en alemán: Deutsche Numismatische GesellschaftDNG–) é unha sociedade erudita sen ánimo de lucro con sede en Frankfurt que agrupa máis de 80 asociacións numismáticas locais de toda Alemaña.[1]

A Sociedade Numismática Alemá fundouse por iniciativa de Walter Hävernick, co gallo da celebración do Día da Numismática Alemá en Gotinga en 1951, co nome de Federación de Asociacións de Moedas de Alemaña Occidental (Verband der westdeutschen Münzvereine). En 1961 pasou a denominarse Federación de Asociacións de Moedas de Alemaña (Verband der Deutschen Münzvereine).[2]

O seu primeiro presidente foi Karl Kennepohl (1951-1956), sucedido por Gerhard Goedecke (1956-1965). En 1990, durante a presidencia de Rainer Albert (1989-1995), a sociedade adoptou a súa denominación actual e dotouse duns novos estatutos.[3][4]

Desde 2016, a presidenta da DNG é Barbara Simon.[3]

O órgano de expresión da Sociedade Numismática Alemá, desde 1952, é a publicación periódica Numismatisches Nachrichtenblatt.[2][5]

Obxectivos e actividades

[editar | editar a fonte]

Consonte os estatutos da entidade, os seus obxectivos son os seguintes:[4]

Presidentes da sociedade

[editar | editar a fonte]

Estes son os numismáticos que presidiron a entidade ao longo das súas sete décadas de existencia:[3]

Premio Eligiuspreis

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Eligiuspreis.
Medalla do Eligiuspreis da Sociedade Numismática Alemá

É un premio outorgado con periodicidade anual ás persoas, tanto alemás como estranxeiras que se distinguisen polo seu labor no terreo da numismática, con publicacións escritas en alemán.[6][7]

O premio consiste na entrega dunha medalla e leva aparellada a concesión dunha asignación económica. A primeira versión da Medalla Eligius estivo vixente entre 1982 e 1991 e foi deseñada polo escultor e medallista renano Hans Karl Burgeff.[8] A partir de 1992 a medalla substituíuse por outra de novo deseño, da autoría do arquitecto e medallista Peter Götz Güttler, de Dresden.[6]

  1. "Startseite". Sitio web da DNG.
  2. 1 2 "Geschichte". Sitio web da DNG.
  3. 1 2 3 "Vorsitzende/Präsidenten der Deutschen Numismatischen Gesellschaft". Sitio web da DNG.
  4. 1 2 "DNG-Satzung". Sitio web da DNG.
  5. "NNB Numismatisches NachrichtenBlatt". Sitio web da DNG.
  6. 1 2 "Eligiuspreis der DNG". Sitio web da DNG.
  7. Numismatisches Nachrichtenblatt. Nº 12. Páxina 297. Deutsche Numismatische Gesellschaft .1977.
  8. "Eligiuspreis 1978-1995". Sitio web da DNG.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]