Gravador xeral de moedas de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
J. Varin, no cargo en 1646-1672
P. S. B. Duvivier, no cargo en 1774-1791
J. A. Barre, no cargo en 1879.
L. Bazor, no cargo en 1931-1958.
Joaquin Jimenez, no cargo desde 2020

O posto de gravador xeral de moedas de Francia (en francés: graveur général des monnaies) creouse en 1547 para dirixir o Servizo de Gravado e a creación dos principais instrumentos para a fabricación de moedas e medallas, como punzóns, cuños e virolas, entre outros.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Para describir o exercicio desta función no pasado, sirvan as palabras do medallista francés Désiré Albert Barre (1818-1878), que accedeu a este posto en 1855 e que lle escribía así ao seu colega de Turín en 1864:[2]

[FR] [GL]
«Les fonctions de Graveur général des monnaies de France créés par Henri II impliquent la reproduction et la fourniture de tous les coins de monnaies employés dans les ateliers monétaires de l’Empire. Ces ateliers monétaires au nombre de 13 sous Napoléon 1er sont réduits aujourd’hui à 3 : Paris, Strasbourg et Bordeaux… Le Graveur Général est logé dans l’hôtel central des Monnaies à Paris.

Il ne jouit d’aucun appointement, le local de ses ateliers lui est fourni par l’État, le matériel de ces ateliers lui appartient, les frais de personnel, contremaître et ouvriers sont à sa charge…»

«As funcións do gravador xeral de moedas de Francia, creadas por Henrique II, implicaban a reprodución e a subministración de todos os cuños utilizados nas casas de moeda do Imperio. Estes 13 obradoiros monetarios baixo Napoleón I agora redúcense a tres: París, Estrasburgo, Bordeos... O gravador xeral atópase na Casa Central da Moeda de París.

Non dispón de salario ningún, o Estado subminístralle o local dos seus obradoiros, o material utilizado perténcelle a el, os custos de persoal, capataz, operarios son da súa responsabilidade»

Na época en que existían diversas casas de moeda en Francia, a función do gravador xeral era crear o deseño orixinal das moedas e gravar os punzóns utilizados para realizar os cuños cos que, finalmente, se cuñaban as moedas. Posteriormente, transmitíalles estes punzóns aos gravadores de cada ceca.[3][4]

Foi Henrique II (1547-1559) quen instituíu, xa no primeiro ano do seu reinado, o oficio de gravador xeral, e a primeira persoa que ocupou este posto foi Marc Béchot.[3][4]

O posto de gravador xeral de moeda foi suprimido o 1 de marzo de 2001 e as súas funcións fóronlle transferidas á xefatura do Servizo de Gravado, de nova creación.[5] No entanto, o posto foi reactivado en xullo de 2020, e Joaquin Jimenez accedeu a el nese momento.[4]

Lista dos gravadores xerais de moedas de Francia[editar | editar a fonte]

Gravadores xerais[editar | editar a fonte]

Nos rexistros de Désiré Albert Barre, para o período anterior á Revolución.[2] Esta é a listaxe completa dos gravadores xerais desde a creación do posto, xunto co seu número de orde:[4][6]

(1547-1557) Marc Béchot.
(1557-1582) Claude de Héry.
(1582-1590) Philippe Danfrie o vello.
(1590-1604) Philippe Danfrie o novo.
(1604-1605) Philippe Danfrie o vello.
(1605-1625) Nicolas Briot.
(1625-1630) Pierre Regnier (en funcións).
(1630-1646) Jean Darmand.
(1646-1672) Jean Varin.
(1672-1681) François Warin.
(1682-1703) Joseph Roëttiers
10º (1704-1727) Norbert Roëttiers.
11º (1727-1753) Joseph Charles Roëttiers.
12º (1753-1772) Charles Norbert Roëttiers.
(1772-1774) Joseph Charles Roëttiers.
13º (1774-1791) Pierre Simon Benjamin Duvivier.
14º (1791-1803) Augustin Dupré.
15º (1803-1816) Pierre Joseph Tiolier.
16º (1816-1842) Nicolas Pierre Tiolier.
17º (1843-1855) Jacques Jean Barre.
18º (1855-1877) Désiré Albert Barre.
19º (1870-1871) Bertrand Marchais (ad interim).
20º (1879-1879) Jean Auguste Barre.
21º (1880-1896) Jean Lagrange.
22º (1896-1930) Henri Auguste Jules Patey.
23º (1931-1958) Lucien Bazor.
24º (1958-1974) Raymond Joly.
25º (1974-1994) Émile Rousseau.
26º (1994-2001) Pierre Rodier.
27º (Desde 2020) Joaquin Jimenez.

Xefes do Servizo de Gravado[editar | editar a fonte]

  • (2001-2001): Gérard Buquoy.
  • (2002-2003): Serge Levet.
  • (2003-2010): Hubert Lariviere.
  • (2011-2020): Yves Sampo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Decreto 68-270 do 19 marzo de 1968, relativo ao estatuto particular dos funcionarios técnicos de moedas e medallas. En Legifrance.gouv.fr
  2. 2,0 2,1 "Registres Barre". Musée de la Poste.
  3. 3,0 3,1 Cristina Rodriguez. (2006). "Qu'était un Graveur Géneral des Monnais au XIXe siècle ?". En Numismatique et Change. Nº 368. Febreiro.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Joaquin Jimenez nommé Graveur général des monnaies". En Numismag.com. 21 de xullo de 2020.
  5. Prieur, M. (dir.); Schmitt, L. (2007). Le Franc VII. Les monnaies Françaises de 1795 à 2001. Les Chevau-légers, París. Páxinas 16-18. ISBN 978-2-903629-96-0
  6. "Graveurs Généraux des Monnaies". En Mazerolle, F. (1907). Páxinas 173-174.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]