Saltar ao contido

Jean Parent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean Parent
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1911
Morte15 de xullo de 1963 (52 anos)
Suresnes.
País de nacionalidadeFrancia Francesa.
EducaciónEscola Nacional Superior de Química de París
Q89547790Presidente da SFN.
Actividade
Campo de traballoQuímica e numismática.
Membro de

Jean Parent, nado en Tours o 23 de marzo de 1911 e finado en Suresnes o 15 de xuño de 1963, foi un enxeñeiro químico e numismático francés, presidente da Sociedade Francesa de Numismática entre 1963 e 1965.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación e actividade profesional

[editar | editar a fonte]

Jean Parent iniciou en 1934 os seus estudos de Química na Escola Nacional Superior de Química de París.[1]

Foi mobilizado durante a segunda guerra mundial co grao de subtenente de artillaría e resultou gravemente ferido na contenda o 5 de xuño de 1940, o que lle ocasionou unha incapacidade física parcial o resto da súa vida,[2] que non lle impediu o exercicio da súa profesión como enxeñeiro químico.[3]

Foi director xeral da compañía Centenaire-Blanzy.[1]

Parent morreu o 15 de xuño de 1968,[4] no hospital Foch, en Suresnes, aos 52 anos.[1]

Numismática

[editar | editar a fonte]

Paralelamente á súa actividade profesional, Parent amosou o seu interese pola numismática. En 1951 ingresou na Sociedade Francesa de Numismática como membro titular, e en 1963 accedeu á presidencia desta institución, cargo que ocupou ata 1965.[5][6]

En 1955 ingresou tamén, como membro correspondente estranxeiro, na Sociedade Real de Numismática de Bélxica.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Parent, Jean". Patrons de France (Patronsdefrance.fr).
  2. "Éloge funébre de Jean Parent". En Bulletin de la Société française de numismatique. Nº 6. Xullo de 1968. Páxina 285.
  3. "Parent, Jean (1911-1968)". BNF.fr
  4. 4,0 4,1 Hoc, M. (1968).
  5. Le Rider, G. et al. "La Société française de numismatique : 1865-1965". En Revue Numismatique. 1965. Páxina 24.
  6. "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Jacques Heurgon
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática

1963-1965
Sucesor:
Pierre Bastien