Heimdall
| Heimdall | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
|
Venerado por
| |||||||||
|
Parte de
| |||||||||
| Obra | |||||||||
|
Presente na obra
| |||||||||
| Biografía | |||||||||
|
Sexo
| |||||||||
|
Inimigo/a
| |||||||||
| Familia | |||||||||
|
Nai
| |||||||||
|
Parente
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Heimdall é o deus da luz na mitoloxía nórdica. Era fillo de Odín e de nove xigantas que o nutriron con sangue de xabarín.

Posuía unha vista aguda, un fino oído e podía estar sen durmir varios días, pero en cambio non podía falar. A súa percepción era tan extraordinaria que escoitaba medrar a herba, razón pola cal foi designado gardián da morada dos deuses (Asgard) e da ponte que a ela conducía (o arco da vella chamado Bifröst). Cunha trompeta chamada Giallarhorn, que Odín lle regalou, anunciou o combate entre deuses e xigantes, despois do cal viu a fin do mundo. Heimdall interveu na loita, na que foi morto polo deus maligno Loki. Unha tradición nórdica di que descendeu á terra e procreou en tres mulleres as tres liñaxes (castas): príncipes, súbditos e servos.