Snotra
Aparencia
| Snotra | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Parte de
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Sexo
| |||||||
| Familia | |||||||
|
Irmá/n
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Na mitoloxía nórdica, Snotra (antigo nórdico "intelixente"[1]) é unha deusa asociada coa sabedoría. Snotra soamente aparece na Edda prosaica, escrita no século XIII polo islandés Snorri Sturluson.
- Þrettánda Snotra, hon er vitr ok látprúð. Af hennar heiti er kallat snotr kona eða karlmaðr sá er vitr maðr er.
- "A décimo terceira [das Ásynjur] é Snotra. Ela é sabia e grácil. Por ela, unha muller ou home sabio é chamado snotr."
Debido á falta de evidencias noutras fontes, suxeriuse que Snotra ben podería ser unha invención de Snorri Sturluson, aínda que tamén é probable que Snorri tivese acceso a unha auténtica tradición oral que non se recollese en ningunha outra fonte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Orchard (1997:152).