Vígríðr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Odín loitando contra o lobo Fenrir mentres outras deidades combaten no campo de batalla de Vígríðr. Ilustración de Emil Doepler (1905).
A serpe Jörmungandr enfróntase ó deus Thor, mentres ten lugar a batalla en Vígríðr tras eles. Ilustración de Emil Doepler (1905).

Na mitoloxía nórdica, Vígríðr tamén coñecido como Óskópnir, é un gran campo de batalla onde combaterán as forzas dos deuses Æsir e as forzas do xigante Surtr como parte dos eventos do Ragnarök. O lugar cítase na Edda poética, compilada no século XIII de anteriores obras literarias, así como na Edda prosaica, ambas escritas polo poeta islandés Snorri Sturluson. A Edda poética menciona brevemente o campo de batalla onde ambas partes se enfrontaban, mentres que a Edda prosaica ofrece unha información máis ampla, anticipando que é un lugar onde morrerán moitas deidades (e os seus inimigos) antes que o mundo sexa engulido polo lume e renaza,

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

No antigo nórdico, Vígríðr significa "lugar onde se celebra a batalla".[1][2][3] A orixe do outro nome, Óskópnir aínda é obxecto de debate, pero decántase cara "a (aínda non) orixinada",[4] "sen celebrar"[5] ou "sen facer".[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Orchard, Andy (1997). Dictionary of Norse Myth and Legend. Cassell. ISBN 0 304 34520 2 p. 175
  2. Simek, Rudolf (2007) translated by Angela Hall. Dictionary of Northern Mythology. D.S. Brewer. ISBN 0-85991-513-1 p.361
  3. Wihlem Wagner, M.W. MacDowall (1886). Asgard and the gods: the tales of our Northern Ancestors. London: Swan Sonnenschenin, Le Bas & Lowrey. 
  4. Simek, Rudolf (2007) translated by Angela Hall. Dictionary of Northern Mythology. D.S. Brewer. ISBN 0-85991-513-1 p.254
  5. Bellows, Henry Adams (Trad.) (1923). The Poetic Edda. American-Scandinavian Foundation p.376
  6. Larrington, Carolyne (Trans.) (1999). The Poetic Edda. Oxford University Press. ISBN 0-19-283946-2 p.160

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]