Conversa:Skaði

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Achéganse versos en inglés coa tradución ao galego ao carón. Pero, é o inglés a lingua orixinal? Se entendín ben, non, polo cal non ten sentido que estea aí. --Atobar (conversa comigo) 22 de novembro de 2016 ás 11:48 (UTC)[responder]
Son os textos orixinais das traducións ó ingles publicadas que se toman como referencia para o artigo das sagas Edda prosaica e Heimskringla. (Byock, Jesse (2006). The Prose Edda (en inglés). Penguin Classics. ISBN 0140447555.  // Hollander, Lee Milton (2007). Heimskringla: History of the Kings of Norway (en inglés). University of Texas Press. ISBN 978-0-292-73061-8. ) Se se considera o máis axeitado, adiante con deixar só o texto galego. Eu en particular non me vexo tan capacitado como para desestimar a tradución deses dous autores sen máis, considero que achegan un punto de referencia válido para o artigo ademais de servir para correxir as miñas propias traducións no caso de que metese a zoca nalgunha. Banjo tell me 22 de novembro de 2016 ás 11:56 (UTC)[responder]
Eu defendo que queden as versións en galego (así o fixeron noutras versións das Wikipedia) que están agora. Non poño en dúbida, por outra banda, a calidade da versión en inglés, nin tampouco que sexa referencial, pero ao non ser o inglés a lingua orixinal das sagas senón unha tradución moderna, non vexo motivo para reproducila aquí. --Atobar (conversa comigo) 22 de novembro de 2016 ás 15:38 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Banjo tell me 22 de novembro de 2016 ás 16:22 (UTC)[responder]