Mitoloxía nórdica na cultura popular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

A mitoloxía nórdica, preservada nos textos antigos islandeses como a Edda poética, a Edda prosaica e outras lendas e sagas, foi pouco coñecida fóra de Escandinavia ata o século XIX. Coa publicación xeneralizada dos mitos e lendas nórdicas, as referencias a deuses e heroes nórdicos espalláronse a través da cultura literaria europea, especialmente en Escandinavia, Alemaña e Gran Bretaña. No pasado século XX, as referencias á mitoloxía nórdica fixéronse comúns na ciencia ficción e na fantasía literaria, xogos de rol, e eventualmente outros produtos culturais como a animación xaponesa.

Reintrodución na cultura popular[editar | editar a fonte]

Anticuarios do século XIX como George Webbe Dasent trouxeron de volta a mitoloxía da Escandinavia ó coñecemento popular de moitas persoas en Alemaña e en Inglaterra; en ámbolos casos, a mitoloxía nórdica foi recoñecida como a derradeira forma supervivente do paganismo xermánico. Alemaña e Inglaterra foron cristianizados moito antes que os países escandinavos e moitas das súas propias tradicións perdéronse.

En Gran Bretaña, William Morris compuxo poemas como Sigurd the Volsung e outros temas, así como traducións das sagas islandesas ó inglés. En Alemaña, Richard Wagner baseouse en personaxes e temas da mitoloxía nórdica para compoñer as catro óperas que compoñen Der Ring des Nibelungen (O anel dos nibelungos), aínda que tamén empregou fontes medievais alemás e xermanizou os nomes dos deuses nórdicos.