Saltar ao contido

Edda prosaica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Edda prosaica
Imaxe
 Título
Prose Edda Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Forma artística
 Xénero
 Lingua
Autoría
 Autor/a
Publicación
Datas
 Fundación / creación
1225 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
VIAF183466141 Editar o valor en Wikidata
Goodreads1198450 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL1133520W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0jh45 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Obra dispoñible en
Wikidata C:Commons

A Edda prosaica, coñecida tamén como Edda menor ou a Edda de Snorri é un manual de poética islandés escrito por Snorri Sturluson que contén moitas historias da mitoloxía nórdica. O seu propósito foi permitir ós poetas e lectores islandeses entender a sutileza do verso aliterativo, e comprender o significado agochado dos moitos kenningars que eran empregados na poesía escáldica.

Foi escrita arredor do ano 1220 e sobreviviu en sete manuscritos principais, escritos entre o 1300 e o 1600.

A Edda prosaica contén tres seccións diferentes: Gylfaginning (preto de 20.000 palabras), Skáldskaparmál (50.000 palabras) e Háttatal (20.000 palabras). Ademais ten unha introdución chamada Bragarædur.

A primeira (Bragarædur) é unha introdución evemerista, a segunda (Gylfaginning) expón baixo a forma da visión dun imaxinario rei Gylfi un tratado de mitoloxía, a terceira (Skáldskaparmál), que forma en volume a metade da obra e a cuarta (Háttatál) son compendios de metros escáldicos e recursos de expresión. Snorri Sturluson usou non só a Edda poética senón diversas fontes que nos son descoñecidas e parece claro que coñecía versións diversas dunha mesma lenda.

Edda prosaica do Codex Trajectinus, versión tamén coñecida como Edda de Utrecht.