Ginnungagap

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Na mitoloxía nórdica, Ginnungagap ("aparente baleiro" ou "oco enorme") era o vasto abismo que existía entre Niflheim e Muspelheim antes da creación. Era tan profundo que ningún ollo mortal chegaba a ver o fondo.[1] Ó norte deste xacía o intenso frío do Niflheim, ó sur, o insufrible calor do Muspelheim. Ó comezo dos tempos, os dous encontrábanse no Ginnungagap; e onde a calor tocaba o xeo, as pingas de auga derretían e formaban a substancia eitr, que derivou na vida na forma do xigante Ymir, o pai de tódolos xigantes de xeo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grant, John (2008), Os viquingos, cultura e mitoloxía, Köln, Alemaña ISBN 978-3-8365-0276-4 p. 29

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]