Escania
Símbolo oficial | Leucanthemum vulgare (flores provinciais en Suecia) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Escania | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.386.530 (2020) (125,74 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 11.027 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | skane.com |
Escania é unha provincia situada ó sur de Suecia, á cal pertence politicamente. Antigamente estivera baixo soberanía danesa. Formaba unha das provincias históricas de Suecia, fronteiriza coas de Halland, Småland e Blekinge. Actualmente forma parte do condado de Escania. A capital era Malmö. Pola súa riqueza na produción de cereais e a súa situación estratéxica á entrada do Mar Báltico foi tradicionalmente desexada polos suecos, pero non foi até o Tratado de Roskilde de 1658 que Suecia non acadou a súa adhesión, ratificada polos pactos de Copenhaguen (1660) e Lund (1679). A universidade de Lund, fundada en 1668, contribuíu a difundir a cultura sueca en Escania.
As principais cidades son Malmö, Helsingborg e Lund.
En Escania fálase o dialecto escanio do sueco. Este dialecto é considerado ocasionalmente como unha lingua propia (especialmente polos nacionalistas escanios), pero esta non é a opinión da maioría dos escanios. Este dialecto é basicamente unha variante do sueco con moitos trazos daneses.
A bandeira escania é unha mestura da bandeira sueca e a danesa. A bandeira adoita ser vista por Escania, pero non ten carácter oficial.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Escania |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Skåne - Páxina turística
- Rexión Skåne
- Skåne län[Ligazón morta]